O venres, 24 de febreiro celebrarase o Entroido no colexio. É un día de portas abertas ás familias. O desfile comezará ás 11:00 h. no patio de Primaria. Ao rematar o desfile haberá unha degustación de doces de Entroido aportados polas familias.
IMPORTANTE
- As familias que recollan aos nenos/as antes de finalizar a xornada, deberán comunicarllo persoalmente ao titor/a e cubrir o impreso de saída.
- Segundo a Lei de Protección de Datos as fotografías e vídeos que se efectúen deben ser gardados en arquivos privados, NON SE PODEN PUBLICAR. A responsabilidade será única e exclusivamente daquelas persoas que as efectúen e non do Centro
Foi aprobado no Consello Escolar e autorizado pola Xefatura Territorial da Coruña a redución de xornada para o venres, 24 de febreiro. Ese día non haberá servizo de comedor e a hora de saída para todo o alumnado, incluído o alumnado usuario do servizo de comedor e transporte escolar, será ás 13:30 h. Tampouco estará aberta a biblioteca nin a ludoteca.
As vacacións de Entroido serán o 27 e 28 de febreiro e o 1 de marzo, polo que as clases retomaranse o xoves, 2 de marzo.
Grazas pola vosa colaboración e un saúdo.