Skip to Content

Información familias

INICIO DE CURSO

 

CURSO ESCOLAR 2017-2018

 

O luns 11 de setembro iníase o curso escolar en Ed. Infantil (alumnado de 4 e 5 anos) e Ed. Primaria. De forma excepcional, este primeiro “día de acollida” do alumnado a forma de entrada será a seguinte:

 

  • Infantil:

    • Entrada polo patio de Suárez ( rúa Rosalía de Castro s/n)

    • Horario : 9:40 ata 14:40

    • Serán recollid@s polas titoras nas filas do patio de columnas.

  • Primaria:

    • Entrada patio de primaria, esperarán a ser chamad@s desde 1º ata 6º de primaria por orde de lista. O titor/a acompañaraos ás clases.

    • Horario : 9:40 ata 14:40

    • De forma excepcional, este primeiro día, as familias do alumnado de primeiro e segundo curso poderán acompañal@s ata as clases para axudarlles a levar o material escolar. A partires dese momento, incorporaranse ó horario de aula.

 

Saída:

 

  • Infantil:

    • Serán recollid@s polas familias no patio de columnas a partires das 14:20.

  • Primaria:

    • Sairán polo patio de columnas, a partires das 14:40.

      HORARIO COMEDOR

      O comedor comezará este primeiro día co horario de 14:40 a 15:30 (xantar) e de 15:30 a 16: 30 (recreo comedor). Os autobuses sairán ás 16:30. O alumnado que non faga uso do transporte, será recollido no patio de columnas, a entrega comezará ás 15:30 polo alumnado de Ed. Infantil.

      Durante o curso, o alumnado de comedor NON PODERÁ ABANDOAR O CENTRO ANTES DAS 15:30 (1ª quenda) OU DAS 16:30 (2ª quenda). Entre ambas quendas, NON SE ENTREGARÁ ALUMNADO.

      IMPORTANTE!!!

      AS FAMILIAS QUE QUEIRAN RECOLLER ÓS/ÁS ALUMN@S ÁS 15:30, DEBERÁN FIRMAR ANTES UNHA AUTORIZACIÓN PORQUE O HORARIO DE REMATE DO COMEDOR É ÁS 16:30.

      Agradecendo de antemán a súa colaboración. Un saúdo e bo comezo de curso para tod@s.

      O equipo directivo.

 

Convocatoria do fondo solidario de libros de texto e axudas para libros de texto e material escolar

ATA O 23 DE XUÑO está aberto o prazo para presentar no centro a SOLICITUDE FONDO LIBROS  E AXUDAS para o próximo curso.

No DOG do día 22 de maio de 2017 publícase a Orde do 16 de maio de 2017 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e  convócanse axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2017/18.

Orde do 16 de maio de 2017Solicitude (Anexo I)Aceptación entidade colaboradora centros concertados (Anexo IV)Alta de novas librarías (Anexo V)

AVALDÍA

Estimadas familias:

En relación ao desenvolvemento da avaliación individualizada de Terceiro curso de Educación Primaria comunicámoslles que dita avaliación terá lugar os días:

MARTES 30 e MÉRCORES 31 de MAIO.

Todo o alumnado que asista a clase eses días estará obrigado a realizar dita avaliación.

www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20170505/AnuncioG0164-270417-0003_gl.htm

FROITA NA ESCOLA

Estimadas familias: 

Seguindo co proxecto (3ª e última semana das 3 que nos foron concedidas) de distribución de froita na escola, dentro do Programa “Aliméntate ben”, unha proposta que ten por finalidade concienciar da importancia de introducir a froita na dieta diaria para adquirir unha alimentación san e equilibrada, informamos que durante a semana do luns, 22 de maio ao venres, 26 de maio de 2017 vaise repartir froita fresca durante o recreo. Se non hai variación por imprevistos, o reparto será o seguinte:

LUNS (Amorodo), MARTES (Nectarina), MÉRCORES (Plátano), XOVES (Amorodo) e VENRES (Albaricoque).

 Grazas pola vosa colaboración e un saúdo.

FROITA NA ESCOLA

-00-00
Array

O PERÍODO DE DISTRIBUCIÓN DE FROITA QUE ESTABA PREVISTO PARA A PRIMEIRA SEMANA DE ABRIL VAISE RETRASAR PARA A SEMANA DO 22 AO 26 DE MAIO DE 2017

Xornada formativa sobre T.E.A.

información da celebración dunha xornada formativa sobre TEA o 20 de maio no Auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns.

Distribuir contido


by Dr. Radut