Skip to Content

23 de Febreiro, día de Rosalía

Esta semana festexamos no centro o día de Rosalía e para iso contamos nas entradas e saídas con música composta a partir de poemas desta tan ilustre escritora.

Ademais, pudemos disfrutar dunha actuación de títeres e contacontos para os nenos/as de Educación Infantil e 1º Ciclo de Educación Primaria, representada por Carmen Domech e 

titulada "Unha rosa cada día, xogando con Rosalía". Nela, achegouse ós nenos/as ós poemas de Rosalía de Castro, dun xeito lúdico, acompañada de títeres e outros elementos para facelo 

moi visual e entretido e propiciando tamén a participación dos nenos/as.



blog | by Dr. Radut