Skip to Content

ACTIVIDADES INGLÉS

ÁREA  DE  LINGUA  ESTRANXEIRA  (INGLÉS)  DO  CEIP  O  COTO

A partires de agora, as actividades propostas polo profesorado de Inglés do centro van ser actualizadas no blogue do departamento de Inglés. Entrade de cando en vez por se hai algunha novidade. Os comentarios sobre as actividades propostas pódense enviar ao correo asociado a dito blogue (verédelo na esquina superior dereita da páxina), facendo constar no asunto a cal das tres mestras de Inglés vai dirixida a vosa consulta. 

 

https://inglesnocoto.blogspot.com/

 

Debido á situación excepcional na que nos atopamos a nivel mundial, e seguindo as directrices dictadas polo Consello da Xunta de Galicia o día 12 de marzo do 2020, para o funcionariado galego e para os centros educativos de todos os niveis do ensino, proporcionamos o seguinte material dando cumprimento á teleasistencia dende o centro ao noso alumnado.

Para aquel alumnado que queira reforzar contidos, sabendo que este traballo non será obrigatorio nin avaliable, na área de Lingua Estranxeira, as mestras propoñemos o emprego das seguintes páxinas e recursos web:

-      

funenglishgames.com

-      

learnenglishkids.britishcouncil.org

-      

agendaweb.org

-      

supersimple.com

-      

navio app

Por outra banda, proponse que durante este período atendan ás seguintes recomendacións:

1º e 2º de Educación Primaria: repasar o vocabulario e estruturas da unidade 4 e os números ata o 20.

3º e 4º de Educación Primaria: repasar o vocabulario e a gramática da unidade 4 e os números ata o 100.

5º e 6º de Educación Primaria: repasar o vocabulario e a gramática da unidade 4 e as horas.

 <!--break-->



blog | by Dr. Radut