Skip to Content

XUNTA ELECTORAL CONSELLO ESCOLAR

Á ATENCIÓN DA COMUNIDADE EDUCATIVA DO CEIP O COTO.  A Xunta Electoral, unha vez constituída e de acordo coa lexislación vixente, hoxe día 5 de novembro de 2018 procedeu a aprobar a publicación das convocatorias dos distintos sectores de representación, así como a publicación dos seus correspondentes censos electorais, e establece o seguinte calendario electoral: • Día 5 de novembro: - Publicación das convocatorias de eleccións nos distintos sectores educativos: profesores, pais/nais e, se ser o caso, persoal de administración e servizos. - Publicación provisional dos censos dos sectores educativos citados. - Envío de escrito á ANPA solicitándolle a designación dos seus representantes. • Día 19 de novembro (Celebración da 2ª reunión da Xunta Electoral): - Proclamación e posterior publicación de candidaturas por sectores de representación. - Aprobación definitiva de censos electorais, unha vez resoltas as posibles reclamacións. - Aprobación de modelo de papeletas e sobres dos distintos actos electorais. - Sorteo público da designación dos membros das mesas electorais ás 12:00. • Día 27 de novembro: Celebración das votacións de: - Pais, nais e titores legais do alumnado, de 16'15 a 19'15 horas • Día 28 de novembro (Celebración da 3ª e última reunión da Xunta Electoral): - Proclamación de candidatos electos. - Traslado á Xefatura Territorial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria das copias de actas das votacións efectuadas. Negreira a 5 de novembro de 2018 A secretaria



blog | by Dr. Radut