Skip to Content

PASO DE EDUCACIÓN PRIMARIA Á ESO

Charla a cargo de Cristina Galdo Leal
xefa do departamento de orientación do IES Xulián Magariños

O martes 12 de xuño ás 16:30 na biblioteca do CEIP O Coto foi impartida unha charla para as familias de 6º de primaria do colexio pola orientadora do IES Xulián Magariños.

O obxectivo da mesma foi dobre:

  • dar a coñecer o que significa e implica a ESO
  • transmitir ás familias información acerca do funcionamento do instituto; horas de clase, horarios, titorías... así como de como se realizará o procedemento de acollemento do novo alumnado no mes de setembro


blog | by Dr. Radut