Skip to Content

Campaña de sensibilización do deporte feminino

 

 

O alumnado do CEIP O Coto acudirá o venres 16 de marzo ás 11:30 ó auditorio de Negreira para asistir á Campaña divulgativa por parte da Deputación da A Coruña de sensibilización e visibilización do deporte feminino:

Conquista os elementos”


dirixida á sociedade en xeral, pero específicamente á mocidade, asociacións, federacións e escolas deportivas municipais.  Na presente campaña, celebraranse un total de 23 videoforum en 23 Concellos de tódalas comarcas da Provincia ,que terán como eixo vertebrador, o  documental “ Contra os elementos” elaborado pola propia Deputación.  Dita proxección,  veráse  acompañada, polos relatos en primeira persoa de deportistas femininas, figuras relevantes do eido deportivo, adestradoras e adestradores, especialistas en deporte no eido educativo, árbitros, expertas e expertos en xornalismo deportivo ... estes persoeiros, variarán en cada un dos eventos, así como o formato de presentación, podendo ser mesas redondas ou ben charlas –coloquios.

AdxuntoTamaño
Videoforum muller e deporte.pdf490.4 KB
Volantina Negreira_ deporte profesional feminino.jpg303.51 KB


blog | by Dr. Radut