Skip to Content

Folga xeral con ocasión do Día Internacional da Muller.

Estimadas familias:

Mañá, día 8 de marzo de 2018 está convocada unha folga xeral con ocasión do Día Internacional da Muller.

A este respecto, e debido á ausencia do persoal do Centro que no seu caso secunde a folga, informamos da posibilidade de que non se poida garantir o seu correcto funcionamento.

Os servizos mínimos estarán constituídos por un membro do equipo da dirección do Centro, conserxe, unha persoa de cociña e auxiliar coidadora.

Queda garantida a apertura do Centro no seu horario habitual.

Un saúdo.

Negreira, 7 de marzo de 2018

A DIRECTORA

María Amparo Mera Fernández

 

 



blog | by Dr. Radut