Skip to Content

Celebración do Día do Medio Ambiente co IES Xulián Magariños

O pasado 5 de xuño, Día do Medio Ambiente, as alumnas e os alumnos de 5º de Educación Infantil do CEIP O Coto acudiron ao encontro dos alumnos de 3º da ESO do instituto veciño, o IES Xulián Magariños para celebrar este día, na liña das actividades que se viñan desenvolvendo ao longo das últimas semanas.

Durante toda a mañá tiveron lugar unha serie de actividades e obradoiros titorizadas polos alumnos do instituto, actividades nas que grandes e pequenos aprenderon moito, enriquecéndose das achegas duns e doutros. Botádelle unha ollada ao arquivo adxunto para comprobar o ben que o pasamos!

E desde aquí agradecer a Begoña, a orientadora do IES Xulián Magariños, e a todos os que fixeron posible este encontro. Agardamos máis!

AdxuntoTamaño
Encontro co alumnado de 3º da ESO do IES Xulián Magariños.pdf3.83 MB


blog | by Dr. Radut