INFORMACIÓN SOBRE A SUSPENSIÓN DA ACTIVIDADE LECTIVA Estimadas familias do CEIP O COTO Mañá venres, funcionarán tanto os servizos complementarios de transporte coma o de comedor. O centro escolar permanecerá aberto a todos os efectos. A asistencia será voluntaria. A partires do luns 16 suspenderanse as actividades lectivas nos centros escolares de Galicia durante 14 días. Tan pronto se reciban instrucións, estas serán colgadas na páxina web. Agradecendo a súa colaboración. Un saúdo. O equipo directivo Vídeo informativo coronavirus- Xunta de Galicia https://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/filefield_paths/vid-202...
Reportaxe fotográfica feita por ADASRIAS, do campionato provincial de campo a través, no que o CEIP O Coto participaba con un equipo B.F. (benxamín feminino), un eqipo A.F. (alevín feminino), e con Alba F. en I.M. ( infantil feminino) en individuais. As atletas acadaron o primeiro posto en B.F por equipos., o segundo posto en A.F. por equipos ( Zaira B. conseguíu asemade o terceiro posto en individuais), e o segundo lugar en individuais en I.F. de Alba F.
O luns, 9 de marzo, ás 19:30, na biblioteta do CEIP O Coto, haberá unha charla da Garda Civil dirixida a pais e nais titores de 3º a 6º de educación primaria para tratar temas de: