Skip to Content

Actividades 2023/2024

Naturarte polo Samaín

E outubro chegou a súa fin, pero antes de rematar, houbo que celebrar o Samaín, e para isto, contamos coa colaboración das familias para facer unha pequena mostra de Naturarte temático.

No seguinte enlace tedes as maravillosas obras de arte! As familias do CEIP Plurilingüe de Oca son unhas artistas!

E a continuación, as fotos dos mais pequenos de primaria facendo as fotos!

Un saudiño e ata pronto!

Recollendo a colleita!

Chegou Setembro, e tamén a volta ao cole! E iso significa que retomamos unha chea de actividades e tamén de proxectos!

Ademais de voltar as aulas, tamén voltamos ao horto! e cantas sorpresiñas nos agardaban, e tamén pas as nosas familias que puideron deleitarse co"froito" do noso traballo horticultor.

Aqui tedes unha breve escolma da nosa colleita!! Pementos, sandías, amorodos, etc.

E unha vez recollida a colleita, xa limpamos o horto para o seguinte cultivo,...cal será?

Un saudiño dende o CEIP Plurilingüe de Oca, e manteremosvos informados das novidades.

Distribuir contido


by Dr. Radut