Skip to Content

Actividades 2023/2024

Plantación do horto

O pasado mércores 5 de Xuño tivo lugar a plantación do horto do noso cole, este ano demorouse un pouquiño polas condicións meteorolóxicas. Aquí tedes algunhas imaxes deste evento tan importante para nós.

 

Inauguración do Hotel de insectos

O alumnado de 4º de EP foi o encargado de investigar que é un hotel de insectos, deseñalo, e presentalo á comunidade educativa. O día da presentación contamos coa presencia da Conselleira e periodistas da Voz de Galicia.

No segunte enlace tedes a noticia e no seguinte enlace a presentación elaborada polo mesmo alumnado.

Xa degustamos os nosos amorodos!

Ao acondicionar o horto levamosnos unha grata sorpresa.... XA TEMOS AMORODOS!

Os nenos de infantil foron os encargados de ir a recoller os amorodos, e non creades que os comeron eles, tamén compartiron con outras aulas do cole.

Estamos agardando poder ir a por mais...

Distribuir contido


by Dr. Radut