Skip to Content

blogue deadmin

HORARIO DE VERÁN E DE ATENCIÓN AS FAMILIAS:

 

Horario de setembro e xuño: de 9 a 13:45 horas

O horario de atención as familias nos meses de setembro e xuño é o seguinte:

Dirección:

- Martes e xoves: 9 a 10:30 h

Secretaría:

- Luns: 10:00 a 11:15 h

- Martes: 10:00 a 10:30 h.

 

FONDO SOLIDARIO LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR CURSO 2018-2019

No DOG do 21 de maio de 2018 saiu publicada a Orde do 9 de maio de 2018 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2018/19.

  1. FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO, destinado ao alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria.
  2. AXUDA DE LIBROS: dirixido ao alumnado de 1º e 2º  Primaria.
  3. AXUDA ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR: dirixido a todo o alumnado de EP.

Pódese descargar o modelo de solicitude no seguinte enlace:

https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=ED330B

MENÚ COMEDOR MES MAIO

Xa poden consultar o menu do comedor do mes de maio nos datos adxuntos.

Distribuir contido


by Dr. Radut