Benqueridas familias:
Como ben sabedes, este ano, como moitos outros, O Ceip O Areal, participou no proxecto "Voz Natura" promovido pola Voz de Galicia. Dende o centro a coordinadora propuxo e levou a cabo diversas dinámicas entre as que se atopaba a ceración dunha mascota empregando residuos recollidos nos propios areais da contorna traballando así a creatividade do alumnado e a educación ambiental.
O concurso, que se desenvolveu dendo comezos de febreiro ata mediados de marzo, tivo unha gran acollida entre a nosa comunidade educativa.
As creacións de todos e todas elas estiveron expostas no centro durante unhas semanas para recordarnos, entre outras cousas:
- a importancia da reciclaxe
- o coidade e mantemento da nosa contorna libre de resiudos
- o dosenvolvemento da orixinalidade e a creatividade
- o traballo cooperativo e colaborativo
- valorar e apreciar que todo ten unha segunda vida.
O pasado 8 de abril achegouse ao noso centro un fotógrafo vinculado á Voz de Galicia para inmortalizar as fermosas creacións dos nosos alumnos e alumnas e recoñecendo así a súa grandiosa labor.
Aquí vos deixamos o enlace do artigo e algunhas imaxes das mascotas participantes xunto a gañadora.