Skip to Content

compostaxe

PATRULLAS ECOLÓXICAS EN ACCIÓN

reciclaje organico | Imagenes de reciclaje, Viaje con amigas, Reciclajereciclaje plastico | Reciclaje, Reciclaje plastico, Disenos de unasreciclaje papel | Imagenes del medio ambiente, Disenos de unas, Reciclaje

 

PATRULLAS ECOLÓXICASReciclaje – UN MUNDO DE MATERIALES 

Curso 22-23

As patrullas ecolóxias de 5º e 4º xa están en marcha. Cada unha coas súas responsabilidades.

A eco-patrulla de 5º está formada por un equipo de 10 nenos e nenas que se encargar de regar as plantas, revisar a horta e a milla. Tamén vacian o contenedor dos restos orgánicos que hai no  patio no composteiro.

A eco-patrulla de 4º está formada por un equipo de 6 nenos e nenas que se encargan de axudar aos pequeños de infantil nas tarefas de reciclaxe. Ao rematar o patio pasan pola zona de infantil e vacían as súas papeleiras ( papel, plástico e compost) no seu lugar correspondente.

 

Están a facer un excelente traballo! Noraboa!

 

 

XORNADA DE OBRADOIROS

 

XORNADA DE OBRADOIROS

Inauguración do proxecto "Naturalíza-T e da biblioteca.

Curso 22-23

O pasado 24 de outubro tivemos unha xornada de tallerres e obradoiros para comezar co proxecto de centro "Naturalíza-T" e para inaugurar a nova  biblioteca.

Para poder levar a cabo esta actividade contamos coa colaboración das familias que nos axudaron tanto na xornada dos talleres, como en aportar todo tipo de materias de regugallo para poder desenvolvelos.
Tivemos 10 obradoiros, 5 para infantil e 5 para primaria.

  • Obradoiro1: Compostaxe.
  • Obradoiro 2: Horta e sementes. Cada neno plantou unha planta de fresa e un froito seco (castaña, noz, maní…). A fresa foi para a casa e o froito seco quedou no cole.
  • Obradoiro 3: Reciclaxe. no que elaboraron xogos con materiais reciclados, un tres en raia e un atrapa a bola.
  • Obradoiro 4: Arte coa natureza. Fixeron debuxos con follas.
  • Obradoiro 5: Biblioteca. Reproducironse  vídeos que invitan ao coidado do planeta e presentouse o personaxe do trimestre "Naturizo". É un ourizo que ten unha colección de libros relacionados co desenrolo sostible.



Esta é unha pequena selección de fotos nas que se recolle unha mostra do que fixemos en cada un dos obradoiros.

 

 

COMPOSTEIRO

COMPOSTEIRO

Curso 21-22

Esta semana puxemos en marcha o composteiro da horta. Coa pandemia tivemos que suspender todo e xa era hora de retomalo.

É súper importante reutilizar os restos orgánicos para elaborar un bo abono para a nosa horta.

Formamos un equipo ecolóxico con nenos e nenas de 4º de primaria para que axuden ás aulas de infantil a:

- Vaciar  as papeleiras de plástico e papel nos colectores exteriores.

-Levar os residuos orgánicos que se xeneran na merenda ao composteiro da horta.

O equipo repartiu unha papelera por aula para recoller os residuos orgánicos.

Empeza esta nova aventura da compostaxe!! estamos moi motivados e ilusionados.

Recicla, reutiliza, reduce, NATURALÍZA-T

ECO-PATRULLA

 

ECO-PATRULLA EN MARCHA

Curso 21-22

 

Xa temos funcionando o equipo Eco-Patrulla e fan unha labor primordial no centro. Está formado por 6 nenos e nenas de 6º e 5º de primaria, que van rotando por semanas. 

As súas tarefas son:

-Revisar a horta, sacar malas herbas se houbese moitas e regar.

-Revisar todas as plantas do colexio e regar unha vez por semana.

-Manter o circuito da Milla en boas condicións e informar se hai algún desperfecto.

-Cando comecemos as tarefas de compostaxe terán algunhas responsabilidades que aínda están por determinar.

-Revisar os bancais de interior e regar se é preciso.

Todo isto queda rexistrado no libro da Eco-Patrulla.

 

XA TEMOS UN NOVO COMPOSTEIRO

 

CHEGOU O COMPOSTEIRO

Curso 21-22

No cole levamos reciclando xa un tempo. Tamén tivemos composteiro, pero este último deixámolo e agora queremos retomar esta labor da  compostaxe, deste xeito axudamos a xerar menos resíduos e aproveitamos os restos orgánicos que nos quedan das merendas para facer un bo compost para a nosa horta.

Xa temos un novo composteiro e unha illa de reciclaxe, gracias a Sogama. So nos falta buscarlle sitio á illa e montar o composteiro.

Pasiño a pasiño, faise o camiño!!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut