Skip to Content

Actualidade

Os xogos populares no Nº2

                                                   Os xogos populares no número dous

 Coa chegada do outono...fixemos os xogos populares.
 Este ano non poidemos facer os xogos e o magosto no mesmo día debido á choiva. Así que o fixemos o día 9 de novembro,e os nenos o disfrutaron máis que nunca.
 Este ano os xogos foron diferentes debido ao proxecto realizado  no noso colexio, relacionado coa horta. Uns dos diversos xogos que fixemos foron: o baile da pataca, a carreira de cabazas,o lanzamento de castañas...




Redactores:Adriana,Alejandro y Cloe.

Accidente en Tui

 ACCIDENTE EN TUI

   O pasado xoves 29 de Outubro do 2015 as 8:00 da mañá, houbo un acidente na Avda. Concordia. As causas, parecen indicar a que un home conducía a máis velocidade da permitida e chocou contra a furgoneta dunha empresa. O suceso ocurriu en frente de patacas Prado, un dos establecementos que se atopa nesa rúa.

  Ao pouco tempo, presentáronse no lugar dos feitos a policía e unha grúa, que foi a encargada de recoller os vehículos implicados, despexando o lugar.

  Cousas como estas fannos ver a importancia de cumplir as normas de seguridade á hora de conducir: como as sinais de tráfico, os pasos de peóns...etc

Redactora: Marta González

O Comezo do Curso

Chegamos ao COLE


  Cando os raios do sol escóndense,e o verán remata en Tui,os nenos xa preparan as mochilas e os libros para comezar un novo curso ,cheo de novos proxectos e actividades educativas.
Na fachada do colexio CEIP Nº2 de Tui ,víase como o
alumnado entraba ao colexio feliz  por comezar o curso,
desexando ver os seus compañeiros e profesores.

O ano comezou cunha proposta para o novo curso,como en todos os anos anteriores:o cine, o cómic...E este ano 
A HORTA organizado pola VOZ NATURA. Lúa a nosa mascota da Biblioteca,invitou a todo o colexio a disfrutar dunhas diapositivas das súas vacacións na horta ,esas experiencias inspirouna para o proxecto deste curso.
 

En este comezo do curso ,o profesorado a aumentado dado que an chegado novos profesores ao noso colexio.Como a profe Lorena(de educacion infantil),a profe substituta (de Ingles)Maria,ou o profesor Luis Prado de Ingles.

Ao comezo do curso 2015-2016,o alumnado de 3º e 6º ,tivemos a oportunidad de poder disfrutar dunha xornada de deportes variados:balonman,judo...Todos os que tivemos esa oportunidad o pasamos xenial.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut