Skip to Content

Accidente en Tui

 ACCIDENTE EN TUI

   O pasado xoves 29 de Outubro do 2015 as 8:00 da mañá, houbo un acidente na Avda. Concordia. As causas, parecen indicar a que un home conducía a máis velocidade da permitida e chocou contra a furgoneta dunha empresa. O suceso ocurriu en frente de patacas Prado, un dos establecementos que se atopa nesa rúa.

  Ao pouco tempo, presentáronse no lugar dos feitos a policía e unha grúa, que foi a encargada de recoller os vehículos implicados, despexando o lugar.

  Cousas como estas fannos ver a importancia de cumplir as normas de seguridade á hora de conducir: como as sinais de tráfico, os pasos de peóns...etc

Redactora: Marta González



page | by Dr. Radut