Skip to Content

AULA MATINAL

Dende a ANPA e sempre na procura de mellores servizos e tentando conciliar a vida familiar e laboral, púxose en marcha a "Aula Matinal". Así as familias poden deixar os seus fillos/as no colexio a partires das 8:00 horas a cargo dunha monitora ata o comenzo das clases ás 9:15 horas. Durante este tempo os nenos/as xogan, almorzan (deberán portar eles o almorzo) e realizan diversas actividades.

Á espera de ter un espazo propio para a actividade, este curso a Aula Matinal está no lugar do Comedor Escolar.

matinal

 

 

Cada unha das  familias pódese acoller a unha destas  dúas opcións:

  • Por meses enteiros
  • Por días soltos.

O prezo para o presente  curso é de 26 euros /mes ou 3 euros/día según a opción elexida



page | by Dr. Radut