Mindfuness
Mindfulness.
O proxecto Erasmus+ “Promovendo un Estilo de Vida Saudable e Feliz”, deunos a oportunidade, nos cursos anteriores, de experimentar estilos saudables de alimentación, actividades físicas, deportivas e hábitos de vida sans. Este curso bríndanos unha nova porta, cara a unha vida plena e feliz coa axuda do “ Mindfulness”.
Como mestr@, pai/nai queremos prestar a mellor das atencións, ao noso alumnado e aos nos@s fill@s, para que vivan a mellor das experiencias no momento presente.
O Mindfulness pode axudarnos a tod@s a:
- Mellorar a Atención.
- Manter a Calma.
- Ter un mellor Control Emocional.
- Favorecer a Concentración.
- Mellorar a Creatividade.
- Potenciar o Desenvolvemento Cognitivo.
Sempre da man de hábitos alimenticios saudables e dunha actividade física axeitada.
Todo isto vai ser posible, se estamos dispostos a aventurarnos nesta fantástica viaxe, con formación, con práctica e con tempo ( 5-10 minutos diarios serán abondo para comezar).
Podemos practicalo dende os 3 anos durante toda unha vida plena.