SEGUNDO DÍA DE SORPRESAS
SEGUNDO DÍA DE SORPRESAS
Ao día seguinte atopamos a caixa sobre a mesa, cunha mensaxe que dicía “Os dejo otra pista ”.
Abrimos a caixa e había un paquete de pipas, como todos, ou case todos coñecíamos a un pintor moi relacionado coas pipas, ou máis ben, con xirasoles, pensamos que teríamos que investigar de novo sobre Van Gogh, pero non o tiñamos moi claro.
Sorprendentemente, ese mesmo día ao voltar do patio, atopamos a caixa chea de cousas, pero, o máis curioso era que ninguén mirara a Lúa polo cole.
A caixa tiña 3 fotos, unha de Van Gogh e outros dous señores que non coñecemos, había uns cadros de bodegóns e unha orella.
Un dos cadros tiña algo escrito por detrás que falaba de un tal Paul Cézanne, fomos a internet e descubrimos que é un pintor.
Alguén suxeriu que seguramente algo teñen en común estes tres personaxes, que deben ser pintores os tres.
pintores, pero… ¿qué nos querrá decir la persoa misteriosa que nos deixa estas pistas?.
Decidimos investigar na casa coas nosas familias mentres esperamos por outra pista máis decisiva.