A BÚSQUEDA DO TESOURO CON LUA
ESTABAMOS NAS AULAS TRABALLANDO, CANDO A PROFE ROSA CHAMOU A NOSA PORTA CUNHA MENSAXE DE LÚA. QUERÍA QUE PARTICIPÁRAMOS NUNHA BÚSQUEDA DO TESOURO, E ACEPTAMOS ENCANTADOS. DEUNOS UNHA CHAVE, QUE CONTIÑA UNHA PISTA, E QUE NOS LEVABA A DIFERENTES LUGARES DO CENTRO EN BUSCA DE MÁIS PISTAS: SECRETARÍA, INVERNADOIRO, AREEIRO...
A ÚLTIMA DAS PISTAS, PEDÍANOS QUE LEVÁSEMOS O AGASALLO QUE LÚA NOS DERA A UNHA ZONA DO COLE. UNHA VEZ ALÍ, DÉMONOS CONTA DE QUE NOS ESPERABA UNHA CLASE DE PRIMARIA, QUE TIÑA O MESMO AGASALLO CA NÓS.
ABRÍMOLOS E PUXÉMONOS A COMPARAR AS PEZAS. DÉMONOS CONTA, QUE TÓDOLOS ANACOS TIÑAN ESCRITO O MESMO NÚMERO, POLO QUE INTENTAMOS FORMAR O "PUZZLE". AS PEZAS ENCAIXABAN, E UNHA VEZ FORMADO DÉMONOS CONTA QUE ERA UNHA... TELLA. CON MOITO COIDADO LEVÁMOLA PARA PEGAR OS ANACOS E ASÍ PODER LEVARLLA A LÚA.
ENTRAMOS NA BIBLIOTECA, ENSINARLLE O NOSO DESCUBRIMENTO A LÚA, A CAL SE PUXO MOI CONTENTA.
COMO RECOMPENSA A TODO O TRABALLO, DEUNOS AS MOCHILAS VIAXEIRAS PARA LEVAR PARA AS AULAS, E UN PERGAMINO... O CAL CONTIÑA UNHA IMPORTANTE MENSAXE.