Skip to Content

Monthly archive

COMEZAMOS A PLANTAR!!!

Os nenos e nenas da aula de tres anos son os primeiros en animarse a plantar. Este ano decidiron plantar sementes de grelos. O tempo non acompaña xa que chove moito e vai moito frío. Pero seguro que vai ir todo xenial e van recoller uns grelos fermosísimos máis adiante para preparar unha receita saudable no Restaurante de Lúa!!! Bo traballo e grazas, titoras e alumnos de 3 anos!!

 

         

 

  PLANTING THE FIRST VEGETABLE SEEDS... 

3-year-old students from Infant Education decided to plant some turnip tops seeds today. They are a bit worried because it is being quite rainy and cold these days. They expect they can collect them later on and prepare a very healthy recipe at Lua´s Restaurant!!  Well done!!! 

11 de novembro: Poppy Day o Día do Recordo

 

Hoxe están connosco no programa dúas alumnas de 4ºB de Educación Primaria para dar conta dunha interesante conmemoración.

 

20 de novembro: Día Universal do Neno

 

  Con motivo da celebración nesta data do Día Universal do   Neno,  temos no programa aos rapaces e rapazas de 6º de  Educación Primaria do noso cole para recordarnos os principios fundamentais que se asentan na Declaración Universal dos Dereitos do Neno.

 

 

 Atención á diversidade: Declaración de los Derechos del Niño (Edición Lectura Fácil)

22 de novembro: O alumnado de 6º de EP, protagonistas da nosa radio

  

   Programa especial do mes de novembro a cargo do alumnado de 6º de Educación  Primaria con seccións moi interesantes e unha que outra sorpresa musical.

Campo a Través Escolar

Proba de Campo a Través Escolar  

Benxamín 19-20.

Venres 15 Nov 2019

          O Vindeiro venres día 15 de Novembro, en horario de mañá, vai ter lugar a proba de Campo a Través da presente Campaña Deportiva, organizado pola Agrupación Deportiva Baixo Miño en coordinación coa Secretaría Xeral para o Deporte,  nas Instalacións Cep Pedro Caselles de Tomiño. O Ceip plurilingüe Nº2 de Tui participará cos/as nenos/as de 2º e 3º, que  asistirán á proba en autobús e cos mestres do centro. Tod@s @s alumn@s deberán levar merenda, a equipación do colexio e o chandal do mesmo se o tiveran. Os nenos e nenas asistirán a escola como calquera día normal de clase e sairán e voltarán ao colexio para levar a cabo a proba. Non varía o horario habitual e o desprazamento é gratuito.

 Todas as familias poderan asistir á proba para disfrutar da xornada.

Atoparedes máis información da proba se pinchades aquí en Agrudebam.

Campo a Traves Escolar

Proba de Campo a Través Escolar  

Benxamín 19-20.

Venres 15 Nov 2019

          O pasado venres día 15 de Novembro, en horario de mañá, tivo lugar a proba de Campo a Través da presente Campaña Deportiva, organizado pola Agrupación Deportiva Baixo Miño en coordinación coa Secretaría Xeral para o Deporte,  nas Instalacións Cep Pedro Caselles de Tomiño. O Ceip plurilingüe Nº2 de Tui participou cos/as nenos/as de 2º, 3º e 4º.

Aquí vos deixamos algunhas fotos dos bos momentos vividos nesta xornada de actividade física. Noraboa a todos os participantes.

Atoparedes máis fotos e información das clasificacións en Agrudebam

 

Cross Country race

On Friday 15th, a cross country race, organised by Agrupación Deportiva Baixo Miño, took place in CEP Pedro Caselles in Tomiño. 2nd, 3rd and 4th grade students participated in this event.

Here are some pictures of the great event. Congratulations to all the participants. You can see more information in Agrudebam page.

Campo a Traves Zonal

Proba de Campo a Través Zonal

 19-20.

Sábado 23 Nov 2019

          O Vindeiro sábadp día 23de Novembro, en horario de mañá, vai ter lugar a proba de Campo a Través da presente Campaña Deportiva, organizado pola Agrupación Deportiva Baixo Miño en coordinación coa Secretaría Xeral para o Deporte,  nas Instalacións Cep Pedro Caselles de Tomiño. O Ceip plurilingüe Nº2 de Tui participará cos/as nenos/as de 2º a 6ºº, que  asistirán á proba en autobús ou coas súas familias. 

 Todas as familias poderan asistir á proba para disfrutar da xornada.

Atoparedes máis información da proba se pinchades aquí en Agrudebam.

20 de novembro: Día Universal do Neno

O Día Universal do Neno é unha celebración anual adicada á fraternidade e á comprensión da infancia do mundo. Un día cheo de actividades destinadas á promoción do benestar deste colectivo e concienciado coa difusión dos seus dereitos.

Nesta data tan significativa, o noso cole súmase a esta celebración recordando a todos a existencia destes dereitos e a necesidade de loitar polo seu cumprimento en prol dun mundo mellor para tod@s.

 

 

No blog da nosa Biblioteca temos máis información relacionada con esta celebración. Preme AQUí.

HORARIO PORTAIS

 

                                                                               

O funcionamento dos portais mecanizados rexirase polos seguintes horarios de apertura durante os días lectivos:

  •      PORTA PEATOIL Avda Concordia:            

                          Pola mañá: de 8:45 a 9:40 h

                 Pola tarde: de 13:50 a 18:15 h.

               PORTA PEATOIL Fondo do patio:

           Pola mañá: de 09:00 a 09:40 e de 13:50 a 14:40 h.

                 Pola tarde: 15:30 a 18:15 h.

  •      PORTA DE VEHÍCULOS. USO  EXCLUSIVO  DE TRANSPORTE 

                                                    ESCOLAR E PERSONAL AUTORIZADO

                   Pola mañá: de 7:25 a 9:40 h.

                   Pola tarde:

                       martes de 15:45 a 19:30 h

                       luns, mércores, xoves e venres de 15:45 a 17:15 h.

                 

Pregamos  a máxima puntualidade na  incorporación ás aulas. Pasados dez minutos da  hora  de entrada, os  alumnos  e as alumnas, acompañados do familiar que vaia con eles, accederán ao centro pasando por Secretaría, cubrirán   un   xustificante   polo   retraso    e   incorporaranse  ás   súas respectivas aulas.


Lémbrase  que  só  poderán  acceder  ao  recinto  escolar  os   vehículos autorizados. Este curso escolar, grazas á colaboración do Concello de Tui, as familias poden dispor dun aparcadoiro gratuíto ao lado do colexio. A través dun paso peonil acceden á Avda. Concordia, fronte á entrada do centro educativo.

 

Ademais  das  portas  de  acceso  da Avenida  da Concordia, tamén está mecanizada unha  porta de acceso ao pavillón novo  na  parte traseira do patio. A  función  desta  porta  é  poder  acceder  o  profesorado de Educación   Física,  co  seu   alumnado,  ás  dependencias  dos   pavillóns municipais. Provisoriamente  esta porta terá un horario de apertura que pode facilitar, nun  momento dado, o acceso  ás familias nas entradas e saídas.

                                           

Se  esta  porta  está  pechada, o  acceso  ao  centro  será   pola porta da Avenida da Concordia.

Esperamos  a  colaboración de  tod@s para  un mellor funcionamento do centro educativo e a seguridade de todos os alumn@s.

                                                                                                                                                                    



by Dr. Radut