Skip to Content

Monthly archive

CROSS ZONAL EN TOMIÑO

O pasado sábado 22 de outubro celebrouse en Tomiño o Cross Zonal. A proba desenrolouse nos arredores da zona deportiva Da Carballa, e a pesares das prediccións do tempo, non choveu ata as 2 últimas probas. A participación dos nenos e nenas do noso centro foi moi alta, e dos resultados..... xa nin falamos, tanto individual como por equipos. Poñemos algunha foto da carreira pero recordámosvos que na páxina de Agrudebam temos unha galeria de fotos y videos.

   
   

Podedes pinchar neste enlace para ver as clasificacións, as fotos e os videos: www.agrudebam.es

Nik Wallenda, o funambulista dos récords

I Campeonato Galego de Horseball en Tui

I Campeonato Galego de Horseball Tui

Lugar: Instalacións Equigalia Pexegueiro Tui

Sábado 1 e Domingo 2 de Novembro de 2014

Esta fin de semana as instalacións hípicas de Equigalia, situadas na parroquia de Pexegueiro en Tui,acollerón o I Campeonato Galego de Horseball. Na proba competiron os seguintes clubes:  La Muralla, La Muralla Atlético, Cabaleiros do Salnés y Haras de Compostela.

Este deporte descoñecido para moitos, poderíamos decir que é como xogar a baloncesto pero a cabalo. O xogo consiste en introducir unha pelota nunhas canastas, e se enfrontan dous equipos, os cales teñen que conseguir pasarse a pelota e recollela do chan sen desmontar.

Pablo Saavedra de 6ºB foi o noso responsable que se desplazou ata as instalacións de Equigalia coa súa familia e reoclleu esta noticia e as fotos que aquí vos deixamos.

CALENDARIO RENOVACIÓN MEMBROS CONSELLO ESCOLAR

PROCESO DE RENOVACIÓN DOS MEMBROS DO CONSELLO ESCOLAR (Segundo a Resolución do 19 de setembro de 2014 da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa; DOG 01-10-14)

 

CALENDARIO ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR

(Aprobado pola XUNTA ELECTORAL)

Día 05-11-14   Solicitar ao Concello e ANPA o representante.

Día 05-11-14   Exposición do Censo Electoral e reclamacións

                          ata 10-11-14.

Días 11 ao 17-11-14   Presentación de candidaturas.

Día 12-11-14 ás 14:00h., Sorteo Público para a elección de pais/nais e profesores/as para as Mesas Electorais.                 

Día 18-11-14                Proclamación de candidatos.

Días 19 e 20-11-14     Reclamación de candidaturas.

Día 25-11-14   ás 9:00 h., Constitución da Mesa Electoral de pais / nais de alumnos/as e votacións de  09:10 a 17:30 horas. 

Día 25-11-14   Constitución da Mesa Electoral de profesores/as ás  16:30 h. e  votacións de 17:00 a 18:00 horas.

Día 26-11-12   Proclamación de candidatos electos.

 

O PRESIDENTE DA XUNTA ELECTORAL

 

Campionato Escolar de Volei

Campionato Escolar de Volei

Pav Ceip Randufe

Mércores 19, 26 de Novembro e 3 de Decembro de 2014

O vindeiro mércores día 19 de Novembro dará comenzo a competición escolar de Volei, que organiza a Agrupación Deportiva de Deporte Base do Baixo Miño en colaboración co Servizo de Deportes da Provincia de Pontevedra. As 3 xornadas que terá a Competición Escolar este curso serán, o mércores día 19, 26 de  Nov e 3 de Dec. Terán lugar  no Pavillón do Ceip Randufe . O horario dos partidos será o seguinte: 16:30h a 19:30h. Para participar en ditas xornadas o prazo de inscripción rematará o  vindeiro venres día 14 de Novembro, todos os participantes deberán entregar a folla de inscripción debidamente cuberta e asinada ás profes responsables do deporte escolar do cole. Os/as alumnos/as poderán desprazarse á competición coa súa familia ou no autobús escolar para dita competición.

Pincha aquí para descargar a folla de inscripción.

Tamén vos deixamos o enlace a Federación Española de Voley, donde podedes investigar sobre este deporte: www.rfevb.com

 

"Elegidas para Triunfar"

 E como este ano vai a ser un ano de Deporte de Cine, aquí vos deixamos unha película de voleibol, que se tedes oportunidade de vela, é moi Interesante. Conta a historia de dous equipos feminino de voleibol, As Madonnas e as Phantoms, que son grandes rivais dentro e fora do campo de xogo. Cando un feito tráxico as obriga a unirse, terán que deixar a un lado todos os seus problemas e diferenzas para así acadar gañar o campionato, e ademáis facerse grandes amigas. Esta emocionate e intensa película mostranos a dous grupos de persoas aparentemente opostas, pero que acabarán por descubrir o muito que teñen en común.

 

 

 

SAMAÍN

No Samaín disfrazámonos de personaxes terroríficas, entramos no túnel misterioso  e estivemos coa Bruxa Brunilda e o seu gato. Foi moi divertido.

Campeonato Escolar de Campo a Través Tomiño

Campionato Escolar de Campo a Través

Instalacións Campo de Fútbol de A Carballa en Tomiño

Sábado de Novembro de 2014

O vindeiro Sábado  día 22 de Novembro, en horario de mañá, terá lugar a proba de Campo a Través, que organiza a Agrupación Deportiva de Deporte Base do Baixo Miño en colaboración co Servizo de Deportes da Provincia de Pontevedra. A proba será en horario de 10:00h a 13:00h. Terá lugar  nas instalacións do Campo de Fútbol de A Carballa en Tomiño . Para participar en dita xornada o prazo de inscripción rematará o  vindeiro venres día 14 de Novembro, todos os participantes deberán entregar a folla de inscripción debidamente cuberta e asinada ás profes responsables do deporte escolar do cole. Os/as alumnos/as poderán desprazarse á competición coa súa familia ou no autobús escolar para dita competición.

Tamén podedes atopar máis información sobre os circuitos e a proba en: www.agrudebam.es

Para descargar a folla de inscripción pincha aquí

 

O equipo Alevín do Clube Balonmán Tui segue colleitando victorias

 O equipo Alevín do Club Balonmán Tui e do que forman parte varios nenos do Ceip Nº2 de Tui( Xabi e Iago de 6ºB e Diego de 5ºB), leva varias xornadas xogando a liga federada que organiza a Federación Galega de Balonmán.

 Levan xogadas 9 xornadas, das cales gañaron 8 partidos e soamente perderon 1. Isto fai que estean no máis alto da táboa clasificatoria, nestes momentos son terceiros detrás de Luceros e Porriño A

 Aquí podedes seguir a clasificación de toda a liga:

http://www.fgbalonman.com/clasificaciones.asp?torneo=949&x_OPCION=MC&Submit=Mostrar

Gustavo Rodríguez Campeón de España de Longa Distancia de Triatlón

Gustavo Rodríguez Campeón de España de Longa Distancia de Triatlón

Lanzarote ( Illas Canarias)

1 e 2 de Novembro de 2014

 

Esta fin de semana, o tudense Gustavo Rodríguez e antigo alumno e mestre do Ceip Nº2 de Tui, proclamouse Campión de España de Longa Distancia en Triatlón. A proba tivo lugar na illa de Lanzarote, tivo que levar a cabo unha dura proba donde recorreou 3km de natación, 120km de Bicicleta e 30km a pé en un tempo de 6:19:23 horas. Despois de grandes logros esta tempada, este xa será o derradeiro ou case. Esta foi unha longa temporada para este atleta tudense que estivo chea de grandes logros e que fan que sexa considerado o mellor Triatleta español do ano 2014. Os nosos parabens Gustavo por achegarnos tantos éxitos!. Aquí vos deixamos as súas verbas en escoita deporte:

http://www.goear.com/listen/47a7d87/programa-11-gustavo-rodriguez-escoita-deporte-rmt



by Dr. Radut