Skip to Content

Monthly archive

Torneo de Nadal de Balonmán

Torneo de Nadal de Balonmán

Pav. Novo de Tui de 16:00h a 19:00h

Martes 16 de Dec para Alevíns 5º e 6º

Mércores 17 de Dec para Benxamíns 3º e 4º e Prebenxamíns 1º e 2º

Os vindeiros Martes 16 e Mércores día 17 de Decembro, terá lugar o Torneo de Nadal de Balonmán da presente competición escolar de Balonmán, terá lugar no Pavillón Municipal Novo de Tu.

O Martes 16 será para os nenos da categoría Alevín ( 5º e 6º).

O Mércores 17 será para os nenos das categorías Prebenxamín e Benxamín ( Ed Infantil, 1º,2º,3º e 4º).

O horario dos partidos será de 16:00h-19:00h.Todos os /as nenos/as serán levados e recollidos polas súas familias ao pavillón. Terán que levar calzado para cambiarse e merenda. Se tiveran calquera dúbida poden chamar ao Tlfno:650602161

Para descargar a folla de Inscripción pincha aquí

Para descargar a folla do Horario pincha aquí

 

 

Alba Parente entrevista ao Piragüista Diego Piña

Alba Parente entrevita ao Piragüista Diego Piña do Club Kayak Tudense

A alumna de 6ºB, Alba Parente deixanos a súa entrevista ao piragüista Diego Piña, para que sepamos máis sobre él:

Sorry, flash is not available.

 Tamén vos deixamos o enlace a súa pax web, para que poidades saber máis cousas sobre él:http://www.diegopina.com/

Gracias Alba por compartir con nós esta noticia.

III Gala do Deporte en Tui

III Gala do Deporte en Tui

O pasado venres 28 de Novembro de 2014, tivo lugar no Área Panorámica a III Gala do Deporte de Tui, onde quedou reflexado a gran labor deportiva que están levando a cabo: deportistas, adestradores, directivos, familias, etc...

Dende o Ceip Purilingüe e Abalar Nº2 de Tui, queremos felicitar a todos os galardoados, especialmente a aqueles que formaron parte do noso cole ou que ainda forman.

Felicitar á :

  • Radio Municipal de Tui polo seu premio, en especial a José Font papá de Mar de 5ºB e Justi Peixoto papá de Carla de 4ºC.
  • Tyde Futbol Club, polo seu premio, de Mellor Entidade de propomoción do deporte base, neste club xogan moitos nenos do noso colexio. Felicidades para todos eles.
  • Kayak Tudense, polo seu premio, de Mellor Club do ano 2014, club que sempre está a colaborar co noso centro e no que adestran nenos do noso cole. Felicidades polo voso gran traballo.
  • Uxía Pérez Bugarín. Premio a  Deportista Tudense Feminina 2014.  Antiga alumna do noso cole e unha gran deportista, no mundo do atletismo. Este ano foi campiona de España e participou nos xogos da xuventude en Bakú. Noraboa Campiona.
  • Gustavo Rodríguez. Premio a  Deportista Tudense Masculino 2014.  Antigo alumno e mestre do noso cole e un gran deportista, no mundo do triatlón. Este ano foi campión de España de Triatlón etc... considerado o mellor atleta do ano pola Federación Española de Triatlón. Noraboa Campión.

A eles e a todos os demáis felicidades e grazas por darnos tantos momentos de ledicia ao longo do ano. Grazas!!

O equipo Alevín do Clube Balonmán Tui segue colleitando victorias

O pasado sábado 29 de Novembro, o equipo Alevín do Club Balonmán Tui e do que forman parte varios nenos do Ceip Nº2 de Tui( Xabi e Iago de 6ºB e Diego de 5ºB), recibían ao equipo do Novás. Esta vez os nosos xogadores volveron gañar. Isto fai que na xornada de hoxe, se situen segundos na táboa clasificatoria.

  Aquí podedes seguir a clasificación de toda a liga:

http://www.fgbalonman.com/clasificaciones.asp?torneo=949&x_OPCION=MC&Submit=Mostrar

Os equipos Alevín do C.B. Tui xogaron esta fin de semana o cuarto encontro da Liga 14-15.

O pasado sábado día 27 de Novembro de 2014, tivo lugar o cuarto  encontro de liga de Baloncesto, para a categoría alevín masculina do Club Baloncesto Tui. Neste equipo participan varios alumnos do noso colexio:  Jorge Carballo 6ºA e  Cristiano Artur de 5ºB. Nesta xornada o noso equipo gañou  ante o equipo de Porriño 48-68.

Por outro lado o equipo Alevín mixto no que xogan: Paula Rusell, Laura Castiñeira e Diego Carballo gañaban tamén ao equipo Porriñés por 60-09

Noraboa campións!.

 

O equipo Alevín do Club A Quinta Futsal Tui xogau esta fin de semana o Cuarto encontro da Liga 14-15.

O pasado sábado día 29 de Novembro de 2014, tivo lugar o cuarto encontro de liga de Futbol-sala, para a categoría alevín  do Club A Quinta FutsalTui. Neste equipo participan varios alumnos do noso colexio:  Alex e Beltrán de 5ºB. Nesta xornada o Club Futsal Tui viaxaba a casa do seu contrincante. O nos equipo volvía ceder os 3 puntos ao equipo local 7-1

Este curso é o primeiro ano de participación de este equipo la liga federada, o que se lle está facendo un pouco costa arriba, animamos a estes grandes xogadores a seguir xogando que seguro atoparan resultados favorables moi pronto.

Iván Alonso e Manuel Garrido recibiron a medalla de bronce ao mérito deportivo o pasado xoves día 24 de Novembro de 2014

Iván Alonso e Manuel Garrido, ambos os do Kaiak Tudense, recibiron o pasado xoves día 24 de Novembro de 2014, en Madrid a medalla de bronce ao mérito deportivo concedida polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte. Desa forma recoñécense os méritos deportivos de ambos na modalidade de piragüismo. Ambos toman parte nas competicións de maratón e tamén de pista.

Iván Alonso posúe no seu palmarés seis medallas en campionatos do Mundo e catro nos de Europa. As últimas foron logradas na actual tempada. Pola súa banda, Manuel Garrido posúe cinco medallas no seu palmarés.

Os dous xa se atopan adestrando para poder afrontar a próxima tempada. Mentres Iván Alonso ten o obxectivo de estar no podio tanto en K-1 como K-2 no Mundial e no Europeo, Manuel Garrido buscará novos desafíos no C-1.

Os dous padexeiros do Kaiak Tudense tamén traballan para que o seu club poida conseguir os triunfos a nivel nacional. Os tudenses foron campións de España de inverno, subcampións de verán e gañadores da liga Nacional de Pista e da Copa do Rei.

Noraboa Campións!!!.

FINAIS DE VOLEI

Xornada Final de Volei

O Mércores 3 de Decembro de 2014, tivemos a Xornada Final de Volei no pavillón de Randufe. Participamos 3 equipos Benxamíns e 3 equipos Alevíns. Os resultados finais foron moi satisfactorios para o noso cole:

  • 1º Clasificados en Categoría Benxamín Mixto.
  • 3º Clasificados en Categoría Benxamín Mixto.
  • 3º Clasificados en Alevín Mixto.

Atoparedes máis información sobre a proba en: www.agrudebam.es

O equipo Alevín do Tyde F.C xoga o seu noveno encontro da Liga 14-15.

O pasado sábado día 6 de Decembro de 2014, tivo lugar o noveno encontro de liga de Fútbol, para a categoría alevín do Tyde F.C. Neste equipo participan varios alumnos do noso colexio:  Alejandro e Pablo de 6ºA, Nico de 5ºA, Iago, Adrián e  Izan de 5ºB e Borja e Gonzalo de 5ºC.

Nesta xornada os nosos xogadores xogaron no campo do Sporting Guardés. Un partido de gran rivalidade no que os xogadores tudenses conseguiron gañar o encontro 1-2. Isto fai que agora sexan terceiros na taboa de clasificacións.

Noraboa Campeóns.

SAMAÍN

MEDO E RISA NO SAMAÍN
OS NENOS E NENAS DE INFANTIL DISFRUTARON DUNHA XORNADA CON UN POUQUIÑO DE MEDO E MOITA RISA. O COLE ESTABA PREPARADO PARA A OCASIÓN, TODOS DISFRAZADOS PASAMOS POLO PASADIZO CON BRUXAS, PANTASMAS E ESQUELETOS E CANDO CHEGAMOS AO FINAL ESPERÁBANNOS DÚAS BRUXAS MOI SIMPÁTICAS PARA CONTARNOS A HISTORIA DA BRUXA BRUNILDA E O SEU GATO NEGRO, AO QUE COA SÚA MAXIA CAMBIARON DE COR, VERDE, AZUL, DE CORES E FINALMENTE DECIDIRON QUE O GATO ERA MÁIS FELIZ SENDO DA SÚA COR, DE COR NEGRO.
DESPOIS VOLTAMOS A CLASE, MERENDAS TERRORÍFICAS, BAILES E CONXUROS PARA COMPLETAR UNHA SESIÓN TERRORÍFICAMENTE DIVERTIDA.

     
     
     
     


by Dr. Radut