Cando chega o Nadal o noso Centro énchese de ledicia, cor e adornos navideños.
Este ano os corredores enchéronse de velas que adornaron todos os nenos/as do colexio coa axuda das súas familias. Quedaron moi bonitos.
Tamén fixemos o Nacemento na entrada do colexio. As figuras fixémolas entre todos/as utilizando materiais de reciclaxe, neste caso roliños de papel hixiénico.
Os de Educación Infantil fixeron o fondo cunhas vidrieras que lle quedaron moi bonitas.
Os nenos/as de 1º e 2º fixeron nas súas casas os animaliños que alí estaban, vacas, cabalos, ovellas, camellos...
Os de 3º e 4º encargáronse das figuras humanas, reis, Virxe, anxos, pastores, lavandeiras...
E os maiores de 5º e 6º fixeron as casas, castelos, pontes e demáis construccións.
O resultado estivo aberto ao público e que tivo moitas visitas das familias.
Na última semana fixemos o noso Festival de Nadal na que houbo de todo, teatro, panxoliñas...
|
|
Os nenos e nas de 2º representaron
unha obra de teatro titulada
|
Os nenos e nenas de 1º non se quedaron atrás en aplausos
cando nos cantaron unha panxoliña para todos/as.
|
|
|
Os nenos e nenas de 6º A quixeron facer un recordo das antigas
"Regueifas de Reis" que se están a perder nas nosas aldeas.
|
Tamén os de 5ºB nos representaron outra obra titulada
" O boneco de Neve".
|
Pero non debemos esquecer o máis importante nestas datas, a vista de Papá Noel ao Colexio.
Todo o ano esperándoo pero ao fin chegou!
Ver galería de fotos de Nadal