CAMPIONATO ZONAL DE CAMPO A TRAVÉS ESCOLAR.
Camping Santa Tegra ( A Guarda)
26/11/16
O vindeiro Sábado 26 de Novembro levarase a cabo o Cross Zonal da presente campaña escolar de Campo a Través, no Camping Santa Tegra de A Guarda.
A saída para tódolos nenos/as que participan nesta competición será ás 9:00h do C.E.I.P. Nº 2 de Tui, ás 9:10h nas paradas de Rafi e Rotonda e Areas. Prégase puntualidade porque a esta hora sairá o bus sen retraso.
A Chegada será aproximadamente entre as 14:30 h.
A competición dará comezo ás 10:30h para a categoría Benxamín Feminina (2º,3º), ás 10:45h para a categoría Banxamín masculina (2º,3º), ás 11:00h para a categoría Alevín Feminino (4º,5º), ás 11:15h para a categoría Alevín Masculina(4º,5º), ás 11:35h para a categoría Infantil Feminino ( 6º) e ás 11:55h para a categoría Infantil Masculino ( 6º).
Tódolos nenos/as teñen que traer chándal( o do cole se o tiveran), e a equipación do colexio ( camiseta e pantalón), e tenis. En caso de choiva que leven roupa seca para cambiarse.
¡¡¡IMPORTANTE!!! A roupa do colexio será devolta antes do Mércores día 30 de Novembro.
Podedes atopar máis información da proba na páxina web www. agrudebam.es. ou na sección Deporte no 2 da Web do Ceip Nº2 de Tui.
Para calquera dúbida chamar o tlfno 650602161.