PROGRAMA DE FROITA E LEITE NOS CENTROS EDUCATIVOS
O obxectivo deste programa é potenciar o consumo de froitas e leite entre o alumnado coa intención de fomentar nas escolas o hábito de consumo destes alimentos.Este centro volve participar un ano máis, e como novidade teremos leite nos recreos.
O programa comezou este xoves 14 de xaneiro, co reparto da froita fresca durante 10 días lectivos (14 ata o 27 de xaneiro), e o vindeiro martes 19 co reparto de leite.
A froita consumida durante este período de dez días foi pera, plátano, mandarina, mazá e Kiwi.