ESCOLA DE FAMILIAS. Ferramentas para o ensino a distancia
O Centro de Formación e Recursos de Pontevedra en colaboración coa dirección do centro e co obxectivo de mellorar o acompañamento no proceso de ensino-aprendizaxe do alumnado, ofrece a posibilidade ás familias de participar nunha videoconferencia, cunha duración aproximada de hora e media, para o coñecemento das ferramentas tecnolóxicas educativas a súa disposición, na que se tratán as seguintes temáticas:
-comunicación a través de abalarMóbil,
-emprego das plataformas de videoconferencias (Webex e Falemos),
- e acceso aos contidos educativos a través da aula virtual do centro e do entorno EVA E- Dixgal.
A data e horario están aínda por determinar e serán informados a través deste medio. Para unha mellor organización desta iniciativa necesidatamos coñecer a demanda da mesma, polo que rogamos nos comuniquen se estarían interesados en asistir á videoconferencia cubrindo o seguinte formulario de Drive.
Se houbese suficiente demanda, o centro comunicará a data e hora da videoconferencia con anterioridade a todas as familias interesadas.