Skip to main content

DANZA

PROXECTO "COMUNIC-ARTE" #Cedeira #ABP #ALFIN #AMI #bibliotecacreativa #Axenda2030 #ODS #FamiliasnaBE #bibliotecainclusiva #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Un ano máis a biblioteca da escola embárcase nun proxecto de traballo onde a colaboración de toda a
comunidade educativa é indispensable. As nosas investigación basearanse no currículo cedeirés, sendo o
teatro un xénero con grandes antecedentes na nosa vila.


Comezando por Dina Montero, no 1907 e continuando con toda unha traxectoria de actores, actrices:
Fusa Guillén, Carlos Labraña, Quique Vázquez... e moitas/os outros/as que remaron conxuntamente para
que a vila de Cedeira goce dun alto nivel cultural. Decidimos adicar este curso escolar ao drama como
divertimento.


As artes escénicas, algunhas como a música xa investigadas o curso pasado, teñen outros dous grandes
xéneros: teatro e danza. Dúas categorías que serán exploradas neste curso escolar.


A colaboración das familias e axentes sociais é de vital importancia e virá definida neste términos:


* Aportacións de material gráfico (fotografías, vídeos...) nos que vosoutros ou algún familiar participara
de xeito activo nunha representación teatral, coreografía, danza... na escola, catecismo, festas da vila,
actividades de asociacións...


* Realización de tipo individual ou grupal dalgún tipo de representación/actuación: teatro, monólogo,
coreografía, danza, baile, maxia, monicreques, contacontos con apoios visuais, ... no que exista unha
comunicación como divertimento.

Para ámbolos dous casos temos dispoñible un anexo para cubrir e entregar na secretaría da escola.

 

 

 

 

 

 

 

 

DANZA DE AROS #Cedeira #ABP #ALFIN #AMI #bibliotecacreativa #Axenda2030 #ODS #FamiliasnaBE #bibliotecainclusiva #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Contounos Mari Luz Lorenzo que na vila só bailaron a Danza de Aros,

dúas ou tres veces, pois realmente era cos aros das nasas e só o bailaban

as nenas vestidas de branco e azul. A ela ensinóullela Pupé e como non tiñan gaiteros

que souberan a peza a bailaban co "Antigo Reino de Galicia", que era o máis parecido.

Era un baile fermoso, pero custoso e selectivo,

hoxe os tempos mudaron. Quixemos retomar este baile, que Mari Luz acubilla con

tanto amor cando fala del, pero adaptándoo aos nosos tempos, así que aquí

bailamos todos. A verdade leva o seu tempo aprendelo, pero cando tiñan tódolos

pasos traballados as caras enchíanse de felicidade, ao ver o que conseguiran.

Quizais, sexa esta nova rapazada a que lle de mil voltas á Danza de Aros. 

 

 

 

 

 

Distribuir contido