Enviado por PERCEBÍN LECTOR o Xov, 22/09/2022 - 18:15
Ata a praia da Madalena achegámonos para realizar un obradoiro da campaña
“Do mar vívese”, que desenvolve a Consellería do Mar. Informáronnos da
importancia de respectar a actividade marisqueira e dos perxuizos que causa o furtivismo.
De xeito lúdico aprendemos sobre diferentes especies de mariscos e do tamaño de recollida,
de como conservar limpa e coidada a praia e o máis importante, deixar e defender o traballo das mariscadoras.