Esta semana que xa recuperamos as saídas pola rúa, imos tentar volver algunhas das cousas que tiñamos que dar no Cole.
Recordade que este ano era olímpico, e un dos deportes mais importantes dos Xogos é o Atletismo.
Pero como ides ver o Atletismo é una disciplina moi ampla. Así que imos a dividila para poder dala ao longo de varias semanas
Estas primeiras semanas darémonos a carreiras e marcha atlética.
Atentas e atentos os vídeos e aos traballos voluntarios que podedes entregar se queredes mellorar. (están na parte final desta entrada no Blog)
INTRODUCCION
Para abrir boca
QUECEMENTO
Parte fundamental para practicar calquera deporte
MARCHA ATLÉTICA.
Importante na marcha atlética, como na vida, ter sempre un pe no chan .
EXERCICIOS PARA TÉCNICA DE MARCHA
Para realizar estes exercicios temos que coller unha liña recta e camiñar sobre ela. Aínda co vídeo ten unha parte persoal da nena,atendede aos exercicios
.
ESTIRAMIENTOS
Para rematar sempre hai que dedicarlle un tempo aos estiramentos .
.
INSTALACIÓNS NO ENTORNO
Pista de Atletismo do Concello de Cangas,
Sabedes que preto do Colexio temos unha pista de atletismo
Ademais hai varios clubes de Atletismo que de seguro nos reciben con brazos abertos se queremos practicar este deporte, cando se poida de novo.
PROPOSTA DE TRABALLO.
Agora toca traballar o que aprendemos.
Pois ben, o traballo voluntario é que nos fagades chegar aos nosos correos (Profe Duarte ou Jose Manuel) fotos ou vídeos vosos de Atletismo. Correndo, facendo algúns dos exercicios que están lo blogue ou outros.
Tamén podedes mandarnos, se gañastedes algunha medalla nunha carreira, a vosa foto xunto cunha breve explicación de como a conseguiches, que tipo de carreira era, onde, etc
Se estades nalgún clube de atletismo, tamén podedes poñervos a camiseta de competición e mandarnos a vosa foto.