Skip to Content

Atletismo

PROPOSTA DE TRABALLO SEMANA DO 11 AO 17 DE MAIO: Atletismo II, velocidade e vallas

Ola unha semana máis,

Nesta semana seguimos coa proposta de Atletismo, desta vez coas disciplinas de velocidade e vallas.

Algúns dos compañeiros/as estanos a facer chegar vídeos ou fotos facendo algunha das actividades que propoñemos, pouco a pouco iremos subíndoas ao blog.

Para as sesións desta semana, iniciade cunha carreira suave, se pode ser en compañía dalgún familiar da casa mellor, (irmán, papá, mamá... ) e despois os estiramentos e movilidade articular da semana pasada.

Para a mellora da carreira hai moitos exercicios, estes que propón Paloma, son moi básicos. Ao final do vídeo hai sorpresa.

Ánimo

Para o traballo da coordinación e velocidade, podedes facer algúns de estes exercicios moi sinxelos. Soamente tedes que marcar unhas liñas no chan.

Estes xa son mais difíciles wink, pero de seguro que os sodes capaces de facer, Non fai falla ter unha escaleira, podemos utilizar as baldosas do chan como referencia. No final do video tedes unha pautas para realizar estes exercicios.

Nas carreiras de velocidade, a saída, faise dende unha posición baixa. Estes exercicios traballan este tipo de saída.

A velocidade de reacción, é moi importante nos velocistas. En clase xogabamos a "Pepas e pepes", para pillar o compañeiro/a. Outros exercicios para traballar a velocidade de reacción poden ser estes.

As vallas, forman parte das carreiras de velocidade en pista. As vallas están preparadas para cair no sentido da carreira, e non para tropezar con elas. Non poñer obstaculos para practicar vallas, porque pode ser perigoso.

Este video ten un exercicios moi simples para vallas. Podedes practicar a primeira parte, actividades sen vallas.

Como sempre animámosvos a poñer en práctica estas propostas e que nos mandedes os vosos vídeo ou fotos.

Moito ánimo.

PROPOSTA DE TRABALLO SEMANA DO 4 AO 10 DE MAIO: ATLETISMO

Ola a todas e todos,

Esta semana que xa recuperamos as saídas pola rúa, imos tentar volver algunhas das cousas que tiñamos que dar no Cole.

Recordade que este ano era olímpico, e un dos deportes mais importantes dos Xogos é o Atletismo.

Pero como ides ver o Atletismo é una disciplina moi ampla. Así que imos a dividila para poder dala ao longo de varias semanas

Estas primeiras semanas darémonos a carreiras e marcha atlética.

Atentas e atentos os vídeos e aos traballos voluntarios que podedes entregar se queredes mellorar. (están na parte final desta entrada no Blog)

INTRODUCCION

Para abrir boca

 

QUECEMENTO

Parte fundamental para practicar calquera deporte smiley

 

MARCHA ATLÉTICA.

Importante na marcha atlética, como na vida, ter sempre un pe no chan wink.

EXERCICIOS PARA TÉCNICA DE MARCHA

Para realizar estes exercicios temos que coller unha liña recta e camiñar sobre ela. Aínda co vídeo ten unha parte persoal da nena,atendede aos exercicios

.

ESTIRAMIENTOS

Para rematar sempre hai que dedicarlle un tempo aos estiramentos angry.

.

INSTALACIÓNS NO ENTORNO

 

Pista de Atletismo do Concello de Cangas,

Sabedes que preto do Colexio temos unha pista de atletismo

Ademais hai varios clubes de Atletismo que de seguro nos reciben con brazos abertos se queremos practicar este deporte, cando se poida de novo.

 

PROPOSTA DE TRABALLO.

Agora toca traballar o que aprendemos.

Pois ben, o traballo voluntario é que nos fagades chegar aos nosos correos (Profe Duarte ou Jose Manuel) fotos ou vídeos vosos de Atletismo. Correndo, facendo algúns dos exercicios que están lo blogue ou outros.

Tamén podedes mandarnos, se gañastedes algunha medalla nunha carreira, a vosa foto xunto cunha breve explicación de como a conseguiches, que tipo de carreira era, onde, etc

Se estades nalgún clube de atletismo, tamén podedes poñervos a camiseta de competición e mandarnos a vosa foto.

Animádevos.

 

Distribuir contido



by Dr. Radut