Skip to Content

CONTRATOS-PROGRAMA

Contratos Programa curso 2023-24

CONTRATOS PROGRAMA 23-24

               

 

                  

 

Neste curso as liñas de actuación que desenvolvemos no colexio son:

 

1. PLAN RECUPÉRA-T :

 Este plan constitúese como o marco para a mellora dos resultados escolares do alumnado, especialmente o máis vulnerable, e reflicte a estratexia de fomento da calidade, a equidade, a inclusión e o éxito na educación e formación. Procúrase proporcionar a atención educativa necesaria para a compensación de desigualdades

   - PROA+

 Programa para a Orientación, Avance e Enriquecemento Educativo 2021-2024 cofinanciado polo Ministerio de Educación e Formación Profesional e pola Unión Europea no marco do Mecanismo de recuperación, transformación e resiliencia.

 

2. CP INCLÚE :

A iniciativa de Contratos-programa Inclúe constitúe un instrumento de apoio aos centros para que, dentro da súa autonomía, poidan desenvolver un plan  a través da solicitude dalgunha das 5 actuacións de que consta o contrato-programa, co fin de acadar o máximo desenvolvemento da personalidade e das potencialidades do alumnado contribuíndo, deste xeito, á mellora da calidade do sistema educativo de Galicia.

- CONVIVE-T

A escola, como unha das grandes institucións sociais que é, ten a obriga de ser un ámbito de convivencia pacífica, democrática e respectuosa dos dereitos de todos os seus integrantes, pois só así adquire significado a tarefa educativa. En consecuencia, todas as accións que se poñan en marcha para xerar un clima de seguridade, respecto e confianza no contexto escolar logran que se fomente no alumnado unha mellora da convivencia, promovendo un sentimento e interese pola diversidade de calquera índole.

 

Contratos Programa curso 2022-23

CONTRATOS PROGRAMA 22-23

               

 

                  

 

Neste curso as liñas de actuación que desenvolvemos no colexio son:

1. PLAN RECUPÉRA-T :

   - PROA+

 

2. CP INCLÚE :

- CONVIVE-T

   - EMOCIÓNA-T

 

 

 

Contratos Programa Curso 2021-22

  CONTRATOS-PROGRAMA CURSO 21-22

                                                     

  

 

Neste curso as liñas de actuación concedidas foron:

1. PLAN RECUPÉRA-T:

   - INICIATIVA ARCO

   - PROA+

2. CP INCLÚE:

   - CONVIVE-T

 

Contratos Programa Curso 2020-21

CONTRATOS-PROGRAMA CURSO 2020-21

                                                     

  

 

Neste curso as liñas de actuación concedidas foron:

1.INICIATIVA ARCO

2.CON-VIVE

3.EDUEMOCIONA

 

Contratos Programa Curso 2019-20

                                 CONTRATOS-PROGRAMA CURSO 2019-20

                                                     

  

  

Neste curso as liñas de actuación concedidas foron:

1.REFÓRZA-T

2.CON-VIVE

 

 

ACTIVIDADES REFÓRZA-TE

5º e 6º: Actividades Semana do 8 ao 12 de xuño

Bo día nen@s!

Tedes unha semana máis actualizados os Symbaloos correspondentes aos vosos cursos. Xa tedes novos xogos e actividades propostas para seguir dándolle algo de traballo ao coco.

Ademáis esta semana propóñovos un reto! ¿lembrades que cando aínda podiamos ir ao centro falamos das doblaxes? pois tedes na carpeta de Lengua do Google Drive toda a información sobre esta actividad de doblaxe. Animádevos! Estou desexando ver os diálogos que elaborades!

Como sempre vos digo, calqueira dúbida, cuestión ou problema que vos poida xurdir tédesme dispoñible a través da dirección de correo adrianpumar@edu.xunta.gal

Aquí deixo os enlaces aos vosos Symbaloos:

 

5º CURSO: Symbaloo

 

6º CURSO: Symbaloo

 

Moito ánimo que xa queda pouco para rematar o curso!

Adrián.

3º e 4 CURSO: actividades do 8 ao 12 de xuño

Bo día nen@s!!

Tedes unha semana máis o Symbaloo actualizado con novas actividades, xogos e exercicios para seguir mantendo a cabeza activa laugh. Lembrade entrar nos enlaces ás carpetas de Google Drive xa que cada semana engado contido novo nelas.

Xa sabedes que para calqueira pregunta, dúbida ou problema que vos poida xurdir podedes contactarme a través da dirección de correo adrianpumar@edu.xunta.gal

Deixo a continuación o enlace ao voso Symbaloo

 

SYMBALOO 3º e 4º

 

Boa semana para tod@s! e moitísimo ánimo, que xa queda moi pouco curso.

Adrián.

Proposta de actividades semana do 1 ao 5 de xuño

Bo día familias!

Unha semana máis xa tedes actualizadas as carpetas de Google Drive con material novo e tamén dispoñedes de novas actividades enlazadas a través dos Symbaloo.

Lembrade que podedes poñervos en contacto conmigo a través da dirección de correo electrónico (adrianpumar@edu.xunta.gal) para resolver calquera dúbida que poidades ter tanto co traballo do Refórza-T como con calquera actividade das demáis materias.

Deixo a continuación os enlaces de acceso aos Symbaloo:

3º e 4º CURSO

5º CURSO

6º CURSO

Moito ánimo a tod@s!!

Actividades do 25 ao 31 maio

Bos días rapazas e rapaces!

Entranos nunha nova semana e nunha nova fase de esta desescalada que estamos a vivir. Confío en que sigades sendo tan responsables coas medidas de hixiene e seguridade como todas estas semanas anteriores.

Xa tedes actualizados os Symbaloo correspondentes aos diferentes cursos con novas actividades. Revisade ben as carpetas de Google Drive e asegurádevos de que podedes acceder ao novo contido. Xa sabedes que ante calquera problema podedes contactarme a través da dirección de correo (adrianpumar@edu.xunta.gal).

Deixovos os enlaces ás diferentes áreas de traballo:

3º e 4º PRIMARIA

5º PRIMARIA

6º PRIMARIA

Moito ánimo a tod@s!

Adrián.

Semana 18 ao 22 de Maio!

Bos días!

Xa tedes os Symbaloo actualizados con novos xogos e actividades. Non dubidedes en poñervos en contacto conmigo se tedes calqueira dúbida ou cuestión. Deixo a continuación os enlaces aos diferentes Symbaloo.

3º e 4º CURSO

5º CURSO

6º CURSO

Moito ánimo!!

Adrián.

Semana 4-8 de maio!

Bo día!

Xa tedes actualizados os distintos Symbaloo do programa Reforza-T. Tedes a vosa disposición novos enlaces para distintas actividades e tamén debedes revisar os enlaces ás carpetas de Google Drive xa que dexei aí algunha nova tarefa.

Lembrade que tedes a vosa disposición a miña dirección de correo (adrianpumar@edu.xunta.gal) para calquera consulta que precisedes.

Deixo a continuación os distintos enlaces aos Symbaloo:

3º e 4º CURSO: Symbaloo 3º e 4º curso

5º CURSO: Symbaloo 5º curso

6º CURSO: Symbaloo 6º curso

Espero que estedes sendo respetuos@s e gocedes das saídas a rúa sendo responsables!

Moito Ánimo.

Adrián.

Distribuir contido



by Dr. Radut