Skip to Content

Contratos Programa curso 2023-24

CONTRATOS PROGRAMA 23-24

               

 

                  

 

Neste curso as liñas de actuación que desenvolvemos no colexio son:

 

1. PLAN RECUPÉRA-T :

 Este plan constitúese como o marco para a mellora dos resultados escolares do alumnado, especialmente o máis vulnerable, e reflicte a estratexia de fomento da calidade, a equidade, a inclusión e o éxito na educación e formación. Procúrase proporcionar a atención educativa necesaria para a compensación de desigualdades

   - PROA+

 Programa para a Orientación, Avance e Enriquecemento Educativo 2021-2024 cofinanciado polo Ministerio de Educación e Formación Profesional e pola Unión Europea no marco do Mecanismo de recuperación, transformación e resiliencia.

 

2. CP INCLÚE :

A iniciativa de Contratos-programa Inclúe constitúe un instrumento de apoio aos centros para que, dentro da súa autonomía, poidan desenvolver un plan  a través da solicitude dalgunha das 5 actuacións de que consta o contrato-programa, co fin de acadar o máximo desenvolvemento da personalidade e das potencialidades do alumnado contribuíndo, deste xeito, á mellora da calidade do sistema educativo de Galicia.

- CONVIVE-T

A escola, como unha das grandes institucións sociais que é, ten a obriga de ser un ámbito de convivencia pacífica, democrática e respectuosa dos dereitos de todos os seus integrantes, pois só así adquire significado a tarefa educativa. En consecuencia, todas as accións que se poñan en marcha para xerar un clima de seguridade, respecto e confianza no contexto escolar logran que se fomente no alumnado unha mellora da convivencia, promovendo un sentimento e interese pola diversidade de calquera índole.

 



story | by Dr. Radut