Skip to Content

FOTOS ENTROIDO 2011

 XOVES DE DESFILE

 

 

COPLAS DO ENTROIDO 3

ACTUACIÓN NA ALAMEDA DE CANGAS

PERSONAXES "CARAPUCHIÑA VERMELLA" (5º E 6º EDUC. PRIMARIA)

 

Original Video - More videos at TinyPic

COPLAS DO ENTROIDO 2

ACTUACIÓN NA ALAMEDA DE CANGAS

OSIÑOS E OSIÑAS (3º E 4º DE EDUC. PRIMARIA)

 

Original Video - More videos at

COPLAS DO ENTROIDO

ACTUACIÓN NA ALAMEDA DE CANGAS

XOANIÑAS E COELLIÑOS (1º E 2º NIVEL DE EDUC. PRIMARIA)

 

Original Video - More videos at TinyPic

CHEGA O ENTROIDO

 
Facemos saber
a todo o Pobo Cangués
que o xoves día tres
deixen todo
o que estean a facer.

A Nazaret hai que dirixirse
pero sin aflixirse.

De alí sairá un desfile
cara á Alameda Vella,
Ide afinando a orella.

Alí cantaremos unhas coplas
que son a reoca.

Se queres consultar
de que vai cada canción
tes que teclear
no blogue de normalización.

(Na web, columna da esquerda
para quen non se lembra.)

Tamén queremos dicir
que por moito aplaudir
non imos repetir.

Esperamos que vos guste
ver a escola pola rúa,
anunciando este Entroido
que nos gusta moito.

A PLANTACIÓN NO MONTE ELEFANTE

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

  

MÁIS DÍA DA PAZ

COMO TIVEMOS ALGÚNS "PROBLEMIÑAS TÉCNICOS" CON ESTE VÍDEO, NON PUIDEMOS CARGALO O 30 DE XANEIRO (DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA). PERO A VERDADE É QUE, COMO CREMOS QUE MERECE BEN A PENA, QUEREMOS QUE LLE VOTEDES UN VISTAZO E QUE NOS DIGADES SE NON VOS PARECE UNHA ACTIVIDADE BEN CHULA ONDE PARTICIPA TODO O COLE E REFLICTE A ESENCIA PROPIA DESE DÍA.

CO ÁNIMO DE QUE SIGA PERDURANDO DURANTE TODO O ANO A IDEA DA NON VIOLENCIA SUBIMOLO AGORA AÍNDA QUE XA NON SEXA O 30 DE XANEIRO. PREMEDE PARA VER A DANZA DOS SETE SALTOS NA RODA DA AMIZADE.

 

 

Original Video - More videos at TinyPic

A PLANTACIÓN NO MONTE CARRASCO

CARTA DESDE RUMANÍA

Hola a todos!

Creo que Andrés o cempés, xa vos falou de mín, e como xa saberedes ando viaxando polo mundo coñecendo moitos países na procura de novos libros para a vosa biblioteca.

Andrés contoume que este ano estades a traballar o tema dos bosques, por iso pensei que vos gustaría este conto que atopei nunha libraría de Rumanía, para que o leades coa vosa mestra na clase.

A foto saqueina nunha excursión que fixen polos bosques deste país. Verdade que son fermosos?

Por certo , saberiades dicirme que famoso personaxe viviu nesta zona do país?

Mentras o pensades, podedes entretervos con algunhas actividades que preperei sobre o conto, e que lle pedin as profes que colocaran nas bandexas da biblioteca, para que as fagades polas tardes cando vaiades de visita.

Bueno eu teño que continuar coa miña viaxe na procura de novas historias.

Un biquiño do trasno TI

 


PRÓXIMA APERTURA

Xa estamos listos!

O próximo día 24 de xaneiro abriranse as portas da nosa Biblioteca.

Iremos visitala cos nosos profesores e profesoras que serán as nosas guías nese bosque máxico,

alegre polo día e misterioso pola noite.

Algunha mensaxe haberá de Andrés que non atopa os seus zapatos para tantos pés.

 

LENDO, LENDO, O MUNDO VAS COÑECENDO.



Distribuir contido



by Dr. Radut