Skip to Content

O NOSO COLE

 

BENVIDA

CURSO 2024 - 2025

PROXECTO DOCUMENTAL INTEGRADO

 

O UNIVERSO

 

SAMAÍN 2024-25

CASIÑAS TERRORÍFICAS!

Vai ser moi difícil superar o nivel creativo e artístico deste ano.

Parabéns!!!

 

 

CASIÑAS GAÑADORAS

INFANTIL

1º CICLO PRIMARIA

 

 

2º CICLO PRIMARIA

 

3º CICLO PRIMARIA

 

 

HORARIOS E PORTAIS DE ENTRADA E SAÍDA (CURSO 2024-25)

ENTRADAS

Desde as 8:55 o alumnado poderá entrar no centro por calquera dos tres portais dispoñibles:

1.Portal Barrio de Nazaret     2.Portal Rúa Real     3.Portal Rúa Paz

Ao entrar no recinto, as nenas e nenos dirixiranse ás súas portas de acceso para subir ás aulas onde os agardarán as súas mestras e mestres:

- 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria: Edificio vello, portas 2 e 3

- Educación Infantil e 1º e 2º de Educación Primaria: Edificio novo, patio cuberto.

Ás 9:05 pecharanse os tres portais e só se permitirá o acceso do alumnado polo portal do Barrio de Nazaret. Entrada atendida polo conserxe.

 

SAÍDAS

PORTAL DA RÚA REAL (SAÍDA DE INFANTIL E 1º E 2º DE PRIMARIA)

Ás 13:50 abrirase o portal para que entren as familias do alumnado de educación infantil e recollan aos seus fillos e fillas. Adultos, nenos e nenas sairán por este portal. Se alguén precisa recoller a un irmán maior agardará nesa zona para que cando chegue o/a neno/a poidan saír todos polo portal da Rúa Real.

Ás 14:00 entrarán as familias do alumnado de 1º e 2º de educación primaria para recoller aos seus fillos e fillas. Adultos, nenos e nenas sairán por ese portal. Se alguén precisa recoller a un irmán maior agardará nesa zona para que cando chegue o/a neno/a poidan saír todos polo portal da Rúa Real.

PORTAL DO BARRIO DE NAZARET (SAÍDA DE 3º, 4º, 5º E 6º DE PRIMARIA)

Ás 14:00 abrirase este portal para que o profesorado entregue ás súas familias ao alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º. Lembrade que os nenos e nenas de 5º e 6º, se os seus país/nais o autorizan, poderán marcharse sós/soas polo portal que precisen.

PORTAL DA RÚA PAZ

Ás 14:00 abrirase este portal para que saian os nenos e nenas que van á Gardería Caracol. Ademais, o profesorado de garda entregará ás súas familias ao alumnado que o precise (deberá estar informada a súa mestra titora).

 

CONTRATACIÓN COMEDOR ESCOLAR CURSO 2024-25

As familias que esteades interesadas en contratar o servizo de comedor do noso centro para o presente curso 2024-25 tedes que facelo a través da aplicación “colechef” da empresa Alimentación Saludable Galega SL.

Nestes enlaces tedes información e opcións de contratación se queredes dispoñer deste servizo para os vosos fillos ou fillas.

Normativa Cangas 24-25.pdf

Instrucións contratación Nazaret 24-25.pdf

 Ante calquera dúbida podedes contactar por correo electrónico en: info@alimentacionsaludablegallega.net ou por teléfono: 630363844

23 DE ABRIL DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO (2024)

O pasado mércores celebramos o Día do Libro cunha saída ao entorno natural de Punta Balea.

Nesta completa xornada:

1.Realizamos unha bonita andaina ata a zona elixida.

2.Gozamos dunha “xornada ao aire libro” na que o alumnado padriño e afillado compartiu lectura en parella

3.Coa intención de concenciar da importancia de deixar mellor do que o atopamos o marabilloso entorno natural que nos é común, rematamos cunha limpeza da praia na que estivemos

 

ENTROIDO 2024

ENTROIDO 2024

UNHA FLORA

MOI COLORIDA

 

 

 

DETALLES DO DESFILE POLA VILA

 

 

 


 

 

 

 

DETALLES DAS COPLAS NO COLE

 

 

 

NADAL 2023

O PERSOAL DO

CEIP NAZARET

DESÉXAVOS UNHAS

MOI FELICES FESTAS!!!

 

BOAS VACACIÓNS,

VÉMONOS EN XANEIRO!

SAMAÍN 2023

XA CHEGA O SAMAÍN!

Apunte histórico.

A palabra Samaín provén do celta Samhain, que en gaélico significa ‘fin do verán’. E é precisamente na época de transición entre o verán e o inverno, que marcaba o fin das colleitas, cando se celebraba o Samhain nas antigas comunidades celtas de Europa, en especial en Irlanda, pero tamén en Galicia. Esta festividade sinalaba o inicio do aninovo dos celtas e da estación escura, pois eles dividían o ano en dúas estacións: a luminosa ou clara (verán) e a escura (inverno)

Durante a noite do Samaín honrábase aos devanceiros e críase que a fronteira que separa o mundo dos vivos e o dos mortos estreitábase, polo que era moito máis fácil que os defuntos (tanto bos como malos) traspasásena e regresasen aos seus fogares. Tamén podían cruzar ao noso mundo outras criaturas máxicas como as fadas e os trasgos. Facíanse diversos rituais e acendíanse fogueiras para guiar aos espíritos bos e escorrentar aos malos.

 

TÚNEL DO TERROR

Acabamos de recibir estas espectrais imaxes do interior do túnel do terror...

Se sodes valentes facede clic enriba dos vídeos

 1    2    3

 

 

EXPOSICIÓN DE CABAZAS

    

    

    

    

    

    

    

    

    

  GAÑADORES DO CONCURSO:

          CICLO DE INFANTIL

         

         GAÑADOR - MATEO 5º EDUC INFANTIL

         

 

 

        1º CICLO DE PRIMARIA

        

 

        GAÑADOR - TIAGO 2ºB

        

 

         2º CICLO DE PRIMARIA

        

 

        GAÑADOR - MATEO 3ºA

        

 

         3º CICLO DE PRIMARIA

        

 

         GAÑADOR - JANI 5ºA

        

    

    

     GAÑADORES

    

ACTIVIDADES DO EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA (EDLG) DO COLEXIO 1

EN RELACIÓN CO PROXECTO ANUAL DO CENTRO (A FLORA) E A CHEGADA DO SAMAÍN

PROPUXÉRONSE DIVERSAS ACTIVIDADES AO ALUMNADO E FAMILIAS

 

CON ESTUPENDOS RESULTADOS...

 

Se queredes comprobar todos os detalles accedede ao blog do EDLG

ATURUXOS DA LINGUA

 

Distribuir contido



by Dr. Radut