Skip to Content

1 relato e 1 reto

Ola nenos e nenas :

Quixera propoñervos para esta fin de semana tan especial dúas cousiñas :

1º- Tal e como faciamos os luns de xeito oral ou escrito, gustaríame que escribírades nun folio ou nunha libreta, como foi a vosa fin de semana (teredes que facelo ou o domingo pola tarde-noite ou o luns), que fixéchedes, que actividad realizáchedes diferente este domingo en comparación ao resto de días, cómo vos sentiades, notábades algunha emoción/sensación estrana no voso corpo,...

Lembrade que non me valen nin 5 nin 10 liñas. Debe ser máis extenso, explicando con calma todo o que queirades, respecto sobretodo ao que fixechedes o Domingo 26 de abril.

Estaría xenial que puidérades facerlle unha foto ao voso escrito e enviarma ao correo ou wassap, pero si non, gardadea co resto de material e actividades que fórades facendo estes días.

 

2º- Déixovos un reto tamén para esta finde relacionada con cordas....

A ver quen é capaz de facelo!!

Aquí tedes o enlace do reto :

https://www.youtube.com/watch?v=pTWa_L-jUBg

 

Coma sempre, moitos ánimos, apertas e bicos... e disfrutade da fin de semana!!



blog | by Dr. Radut