Skip to Content

Meditamos

Ola familias!

Debido á situación tan excepcional na que tod@s estamos inmers@s nestes difíciles momentos, é normal que poidan producirse situacións de "tensións emocionais" co resto dos integrantes da familia, pois estase a convivir  durante 24h nun mesmo lugar, xeralmente con dimensións reducidas de espazo.

A non percepción das nosas emocións pode desencadearse en continúas rabias, enfados, faltas de conducta, etc, por parte de tod@s nós, provocadas en moitas casos pola ansiedade e o estrés que vivimos neste momento.

 

Para a mellora destas  situacións temos ferramentas (que a nivel científico leva anos demostrándose como esencial no desenvolvemento integral das persoas), como é a importancia da práctica do Mindfulness na educación (e en xeral en calquera campo da vida) para a mellora e o enriquecemento integral , a todos os niveis, do alumnado.

Deixóvos a continuación, algúns enlaces de exemplos sobre os beneficios do Mindfulness (ou atención plena) :

https://www.educaweb.com/noticia/2018/11/06/beneficios-mindfulness-aula-18600/

https://www.campuseducacion.com/blog/revista-digital-docente/mindfulness-aplicado-la-educacion/

https://www.psicologia-online.com/mindfulness-y-sus-beneficios-en-el-ambito-educativo-2689.html

https://www.educaciontrespuntocero.com/noticias/beneficios-del-mindfulness/

https://escuelaconcerebro.wordpress.com/2015/06/04/mindfulness-en-el-aula/

 

É por isto que me gustaría recomendarvos ferventemente os seguintes dous enlaces, porque creo que explican dun xeito ameno e claro as claves para a boa práctica da meditación/Mindfulness:

https://www.youtube.com/watch?v=nWhM9PHlkJA

https://www.youtube.com/watch?v=kwTKk6u30x4  

Quixera tamén comentar que o máis importante non é soamente visualizar estes videos, senón a práctica diaria (aínda que sexa soamente 1 minuto ao principio).

 

Aquí déixovos algún enlace de música de fondo por si queredes utilizalas nas vosas prácticas :

https://www.youtube.com/watch?v=J65GxJ2v9Wg&t=6s

https://www.youtube.com/watch?v=hrUuK6y4yng

 

As vosas fillas e fillos durante estes case 2 cursos que levamos xunt@s traballaron con certa periodicidade, diferentes prácticas e actividades relacionadas coa respiración, relaxación, meditación (mindfulness) ou ioga, tanto na propia aula coma na aula de psicomotricidade do colexio, polo que sería interesante tamén que deste xeito non perderan este tipo de  práctica ou que reforcen ás que algunhas familias xa estades practicando.

Aínda así debemos ter en conta que non debemos forzar a ninguén a esta práctica do Mindfulness, senón que estará propiciada sempre polas gañas e intereses individuais por facelo (os adultos podemos motivalos co exemplo da nosa práctica diaria... ;).

 

Este videoconto sobre a respiración e unha pequena curtametraxe de debuxos, poden resultar tamén do voso interés :

https://www.youtube.com/watch?v=ibJFHBTWBDA

https://www.youtube.com/watch?v=cjOwNX8JgmE     (inglés, con subtitulos en español)

 

Seguimos coma sempre en contacto, no correo electrónico (juanmpineiro@edu.xunta.es) ou agora tamén no wassap da clase, para aclarar calquera dúbida ou compartir as vosas experiencias.

 

Moitas grazas a TOD@S pola vosa colaboración e esforzo!!!



blog | by Dr. Radut