PARA RELAXARSE
Ola, aquí vos deixamos un video con exercicios moi básicos de Yoga para Nenos, que podes facer na casa.
Recorda as seguintes recomendacións e precaucións para non mancarte:
- Busca un espazo grande onde poidas facer os exercicios sen tropezar con nada, o primeiro e a seguiridade. Agora non temos un ximnasio onde poder espallarnos.
- Se o teu ordenador está lonxe de onde vas facer os exercicios, míra primeiro o video e fai unha "chuleta" debuxando as posicións nun papel.
- Se non tes esterilla para o chan, podes utilizar unha toalla ou unha alfombra.
- Fai sempre os exercicios en compañia. Pode ser unha boa actividade familiar. Recorda que os primeiros mestres son os pais.
- Non forces nin repitas moitas veces a mesma postura. Moi importante non lesionarse.
- Tenta facer os exercicios sempre á mesma hora, ten que ser unha rutina. Podes facelos todos os días.
- Antes de comezar fai algo de movilidade articular. Move as articulacións: Colo (círculos, a un lado e outro....) ombros (arriba e abaixo, adiante e atrás....) cóbados, pulso, dedos, costas, cadeira, xeonllos e nocellos.
Anímo, a moverse un pouco!!!!
SODES UNS CAMPIÓNS E ESTADES A FACELO MOI BEN!!