Skip to Content

IV CARREIRA DA SAN SILVESTRE NO MOSTEIRÓN

Ocórresevos mellor maneira de despedir o ano que participando na IV San Silvestre do Mosteirón? Ao mellor sí, pero seguro que é compatible coa nosa proposta.

Todas as familias estades invitadas coa condición de que participedes na andaina/carreira para adultos e/ou acompañando na carreira de infantil.

Este ano a carreira consegue km para o camiño de Piefcitos e cada participante sumará 2 km. As familias sumarán 2km para o seu parente.

Para participar deberedes de inscribirvos cliqueando "Aquí". O prazo máximo é o 13 de decembro.

Cada alumn@ participante deberá traer unha muda completa. O alumnado que non participe realizará labores de xornalista entrevistando a participantes e facendo unha noticia sobre o evento.

Haberá sorpresas e non vos podedes perder as 12 badaladas do Mosteirón!Esperámosvos para desfrutar dunha xornada divertida facendo actividade física. 

Adxuntamos cartel realizado por unha familia da clase de 5º Ed. Infantil.(@madeinspace) á que lle agradecemos moito a súa aportación. Encántanos! 

AnexoTamaño
DIS4_CARTEL-A3_CARRERA_SAN_SILVESTRE.pdf592.23 KB


blog | by Dr. Radut