Audición e Linguaxe
DESPOIS DOS DÍAS DE DESCANSO DA SEMANA SANTA...
OLA A TODOS E TODAS!! como estades?? aquí deixo enlaces a uns vídeos para os nenos e as nenas de Educación Infantil nos que poderedes xogar coa
linguaxe oral!
unha aperta
PARA OS MÁIS PEQUENOS
FELIZ XOVES!
que tal estades? pinchade aquí para ver as actividades que vos deixou a profe Sandra para estes días.
unha aperta grande!
MÁIS ACTIVIDADES E XOGOS PARA DISFRUTAR ESTES DÍAS!
Feliz xoves, nenos e nenas!
aquí tedes actividades novas para xogar coas letras e practicar a lectoescritura. Tamén vos deixo unha actividade para os que queiran practicar coa R.
Apertas!
XOGOS PARA SEGUIR APRENDENDO
Ola a todas e todos, como estades? quería deixarvos diferentes xogos para seguir aprendendo, espero que vos gusten. Pinchade aquí para disfrutalos!
TRABALINGUAS
QUE TAL ESTADES??
Para aprender debemos practicar, así que hoxe toca poñer en funcionamento a lingua con uns cantos trabalinguas! podedes lelos, practicalos diante
dun espello ou desafiar a alguén da familia para dicilo do tirón! PINCHADE AQUÍ PARA VELOS!
cal é o voso preferido?
LETRAS: R E S. PRACTICAMOS CON ELAS!
Ás veces hai letras que se nos resisten un pouquiño! non vos preocupedes, porque nestes días imos practicalas con xogos e actividades para que nos saian de forma máis doada! Pinchade aquí para velas!
ACTIVIDADES DE LECTOESCRITURA E ORTOGRAFÍA
Bos días a todas e todos! espero que esteades facendo moitas cousas nestes días! aquí podedes ver diferentes actividades moi divertidas. Animádevos!
DISLALIAS. PAUTAS E ORIENTACIÓNS PARA A FAMILIA.
DISLALIAS
PAUTAS E ORIENTACIÓNS PARA A FAMILIA.
★ Empregar un vocabulario axeitado á idade do neno ou nena.
★ Dirixirnos a eles con unha linguaxe clara, articulando de forma correcta e intelixible, posto que un dos medios principais na aprendizaxe da linguaxe lévase a cabo a través da imitación dos modelos adultos que o rodean.
★ En lugar de corrixilo e empregar expresións do tipo: “ Damo non, dise ramo”, é preferible ofrecerlle o modelo correcto sen facer fincapé no erro ( “querías dicir ramo? ”)
★ Prescindir de diminutivos propios da linguaxe infantilizada ( “guau, guau” no canto de can). Se o neno ou a nena emprega estes diminutivos, non repetila e dicir a continuación a forma correcta da palabra que lle sirva de modelo correcto.
★ Evitar burlas, comparacións con outros nenos e nenas e repeticións constantes das palabras pronunciadas de xeito incorrecto.