DISLALIAS. PAUTAS E ORIENTACIÓNS PARA A FAMILIA.

DISLALIAS

PAUTAS E ORIENTACIÓNS PARA A FAMILIA.

 

 

Empregar un vocabulario axeitado á idade do neno ou nena.

Dirixirnos a eles con unha linguaxe clara, articulando de forma correcta e intelixible, posto que un dos medios principais na aprendizaxe da linguaxe lévase a cabo a través da imitación dos modelos adultos que o rodean.

En lugar de corrixilo e empregar expresións do tipo: “ Damo non, dise ramo”, é preferible ofrecerlle o modelo correcto sen facer fincapé no erro ( “querías dicir ramo? ”)

Prescindir de diminutivos propios da linguaxe infantilizada ( “guau, guau” no canto de can). Se o neno ou a nena emprega estes diminutivos, non repetila e dicir a continuación a forma correcta da palabra que lle sirva de modelo correcto.

 

Evitar burlas, comparacións con outros nenos e nenas e repeticións constantes das palabras pronunciadas de xeito incorrecto.