DÍA DO PEÓN - 11 de novembro
O venres , 10 de Novembro de 2017, a partires das 13.00h. celebraremos no cole o Día do peón. Todas as familias do centro estades invitadas a participar bailando os peóns cos vosos fillos e fillas. Esta actividade está convocada (a nivel galego e tamén doutras partes de España) por Brinquedia, a rede galega do xogo tradicional.
Aquí están algúns traballos que se foron facendo ao longo da semana. Axiña, máis.
EXPOSICIÓN DE CABAZAS POLO SAMAÍN
Sen lugar a dúbidas as familias derrochan imaxinación. Cada ano son máis bonitas e creativas as cabazas dos nosos rapaces e rapazas.
Moitas grazas ás familias e a todos os nosos nenos e nenas polo voso esforzo e a vosa marabillosa colaboración. Superástesvos!!!
CELEBRANDO O MAGOSTO
Hoxe todo o alumnado do centro, xunto cos mestres e mestras, saímos ao Souto de Gunxel a celebrar o Magosto. Os máis pequenos foron no autobús pero os cursos de primaria demos unha bonita camiñata aproveitando o bo tempo. Alí fixemos xogos tradicionais, tomamos o xantar e, de postre, non podían faltar as castañas asadas. Un día para lembrar!
DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES - PABLISIMO
O martes 24 de outubro, co gallo do Día das bibliotecas escolares, o alumnado do noso centro
acudirá á representación "PABLISIMO" no salón de actos do Concello da Capela.
13 DE OUTUBRO - DÍA NON LECTIVO
Lembramos, tal e como se comunicou nas reunións de principio de curso, que
o próximo 13 de outubro será día non lectivo escollido polo centro; polo tanto no haberá clase.
COMEZO DAS ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES ORGANIZADAS POLA ANPA PARA O CURSO 2023/2024
O luns 2 de outubro dan comezo as actividades extraescolares organizadas pola ANPA deste centro.
Formáronse grupos para Cociña, Robótica, Inglés e Baile Moderno. O horario das actividades é o seguinte:
LUNS | MARTES | MÉRCORES | XOVES | VENRES | |
|
COCIÑA (15:30h a 17:00h)
|
ROBÓTICA (15:30h a 17:00h) |
INGLÉS (15:30h a 17:00h) |
BAILE MODERNO (15:30h a 17:00h) |
|
|
|
APERTURA PRAZO DE ADMISIÓN DE MEMBROS DA COMUNIDADE EDUCATIIVA DO CENTRO COMO COLABORADORES VOLUNTARIOS NO COMEDOR CURSO 2017/2018
Anuncio de apertura do prazo de admisión de membros da comunidade educativa do centro CEIP Mosteiro de Caaveiro, como colaboradores voluntarios nas tarefas de atención e apoio ao alumnado usuario do comedor escolar durante o curso 2017/2018
As nais, os pais, os/as titores/as legais e os/as acolledores/as familiares do alumnado deste centro de ensino que desexen, ao longo do curso 17/18, colaborar de xeito altruísta nas tarefas de atención e apoio aos escolares usuarios do comedor escolar, poderán apuntarse nas listas de admisión que, habilitadas para este fin, se atopan na Dirección.
O prazo para presentar solicitudes permanecerá inicialmente aberto ata o día 20 de setembro de 2017, podéndose reabrir un novo prazo, de ser o caso, ata o 20 de decembro de 2017.
Durante o curso escolar 2017/2018 só se contará coa colaboración das persoas que figuren anotadas nestas listas
INICIO CURSO ESCOLAR 2017/2018
O próximo luns 11 de setembro comezarán as clases no CEIP Mosteiro de Caaveiro.
Lembramos que o horario escolar será o seguinte:
- 9.30h a 14.30h xornada lectiva
- 14.30 a 15.30 comedor escolar
- 15.30 saída do transporte
* Os martes o comedor escolar prolongarase ata as 16.15h, con servizo de transporte a continuación.
Lembrade que o alumnado de 4º de Infantil (3 anos), conforme á lei, iniciará o período de adaptación seguindo as indicacións feitas pola titora na reunión coas familias.
Recomendamos que o alumnado traía unha pequena merenda saudable para tomar no recreo.
* NOTA: A empresa concesionaria de transporte comunica que as rutas e horarios dos autobuses non sufriron ningún tipo de modificación.
LISTADO DE MATERIAL E LIBROS PARA O CURSO 2017/2018
A continuación detállanse os listados de libros e materiais para o curso 2017/2018.
LEMBRAMOS QUE 5º E 6º DE PRIMARIA NON PRECISAN MERCAR LIBROS AO ESTAR O NOSO CENTRO DENTRO DO PROGRAMA EDIXGAL.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 17
- 18
- 19
- 20
- 21
- 22
- 23
- 24
- 25
- …
- seguinte ›
- última »
![CEIP Plurilingüe Mosteiro de Caaveiro RSS Distribuir contido](/centros/ceipmosteirocaaveiro/misc/feed.png)