DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E A PAZ 2019

 


Para conmemorar dita celebración, estivo con nós Javi Iglesias Villanueva, árbitro de segunda división e veciño de Pontedeume. Deunos unha interesante charla sobre os valores no fútbol, no deporte e na vida en xeral.

 

CHARLA: HÁBITOS DE VIDA SAUDABLES

 

No día de onte, recibimos a visita da farmacéutica Noa Rey para impartirnos unha charla moi interesante sobre hábitos de vida saudables. Nela poidemos aprender: cantas comidas temos que facer ao día, a importancia dunha boa hixiene, o valor dun bo descanso , a conveniencia da realización de exercicio físico diario ...

COLEXIO OFICIAL DE FARMACÉUTICOS DE A CORUÑA

HOXE VISITOUNOS MALIBÚ DA CASA GRANDE DE XANCEDA

 

Hoxe tivemos a sorte de ter con nós a Malibú, unha cadeliña que foi rescatada do abandono e que agora visita aos coles, para ensinarlles aos nenos e nenas a ser máis responsables, máis solidarios e a ter unha maior sensibilidade e respecto cara os animais. Dende logo foi unha xornada inesquecible!

 

Graciñas Malibú e Adriana!

FESTIVAL DE NADAL 2018

 


Comunicámoslles  que  o vindeiro venres, día 21 de decembro, celebraremos como é costume o FESTIVAL DE NADAL, que dará comezo arredor das 10:00 h. Este ano será no colexio.

Comezaremos cun “Cantaxogos de Nadal” agasallo da ANPA e despois actuará todo o alumnado do centro. Tamén contaremos coa visita dos Reis Magos e algunha sorpresa máis por parte da nosa ANPA.

 

LEMBRAMOS QUE AS VACACIÓNS DE NADAL SERÁN DO 21 DE DECEMBRO ATA O 7 DE XANEIRO, AMBOS INCLUSIVE.

 

RESULTADO DAS VOTACIÓNS DOS REPRESENTANTES DE PAIS E NAIS NO CONSELLO ESCOLAR

 

Hoxe, xoves 22 de novembro, celebráronse as votacións para a elección de representantes de pais e nais no Consello Escolar. Os resultados das mesmas foron os seguintes:

  •  10 votos - Sonia Mª Gato Barro
  • 13 votos - Mª José Meizoso López

 

Distribuir contido