BENVIDA
No CEIP Mosteiro-Bembrive ofertamos un modelo de ensinanza afectiva e acolledora, aberta á comunidade, inclusiva, motivadora e participativa, coa finalidade de que, día a día, o noso alumnado experimente multitude de vivencias que lles permitan medrar como persoas con valores.
BENVIDOS/AS Á NOSA ESCOLA!
Visita de Ventura e Tomás
Na aula de relixión asistimos no terceiro ciclo a unha charla de Ventura Pérez Mariño, presidente da ONG pozos de auga Mayo Rey e o seu acompañante de Camerún, Tomás. Ventura falounos dos pozos de auga Mayo Rey e Tomás da sua viaxe en patera para chegar a España e de todas as dificultades que hai en Camerún para construir pozos e o que pasou el para chegar ao noso país. Con final feliz porque se nacionalizou español e súa filla estuda aquí. Grazas por facernos coñecer unha realidade da que non eramos conscientes e por axudarnos a valorar o que xa temos
- APIs de Blogue
- Thumbnail