BENVIDA

 No CEIP Mosteiro-Bembrive ofertamos un modelo de ensinanza afectiva e acolledora, aberta á comunidade, inclusiva, motivadora e participativa, coa finalidade de que, día a día, o noso alumnado experimente multitude de vivencias que lles permitan medrar como persoas con valores.

BENVIDOS/AS Á NOSA ESCOLA!

Blogues

UN ENTROIDO "EN VERDE"

Este ano festexamos o Entroido cunha chea de comparsas relacionadas co noso proxecto de centro "Mosteiro EN VERDE". 

PREMEDE NA IMAXE PARA ACCEDER ÁS FOTOS. 

MARTES FARELEIRO POLO ENTROIDO

A pasada semana festexamos no cole o Entroido levando a cabo diferentes actividades. Entre elas, gozamos do martes fareleiro recollendo unha das tradicións máis emblemáticas do Entroido galego: o FARELEIRO.

PREME NA IMAXE para ver como disfrutamos todos xuntos desta festividade!

 

DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E A PAZ

O pasado xoves día 30 de Xaneiro conmemoramos no cole o "DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E A PAZ" cantando todos xuntos polo planeta.

Aquí tedes o enlace a algunhas fotiños.

https://divermosteiro.blogspot.com/

FESTIVAL DE NADAL 2019

O pasado martes festexamos no cole o Festival de Nadal cunha chea de actuacións marabillosas.

Aquí tedes o enlace ao blogue onde podedes atopar fotos do alumnado, grazas a todos/as por acompañarnos e gozar coa arte dos nosos nenos e nenas.

 

BO NADAL FAMILIAS, que pasedes unhas boas festas.

https://divermosteiro.blogspot.com/2019/12/blog-post.html

1º CONCURSO DE POSTAIS DIXITAIS DE NADAL

Este ano convocamos o 1º CONCURSO DE POSTAIS DIXITAIS DE NADAL. No enlace tedes recollidas todas as vosas aportacións e tamén a selección das finalistas. GRAZAS A TODOS/AS POLA VOSA PARTICIPACIÓN!

https://divermosteiro.blogspot.com/2019/12/i-concurso-de-postais-dixitais.html

 Esta é a postal gañadora. NORABOA HÉCTOR ZABALETA VERDE!!!

RECREOS RESIDUOS CERO

Na liña do noso proxecto "Mosteiro en verde", desde o centro propoñemos esta iniciativa para reducir o consumo de residuos no noso día a día. Para isto propoñemos o reto "MERENDAS CERO RESIDUOS", coa finalidade de motivar ao noso alumnado a reducir os residuos nos seus almorzos, así como de evitar, na medida do posible, o emprego de briks, botellas, envases de plásticos e o papel de aluminio. 

RETO: INTENTAREMOS COMER FROITA E EMPREGAR ENVASES REUTILIZABLES E CANTIMPLORAS. 

Continuamos co noso compromiso de coidar do medioambiente...

I CONCURSO DE POSTAIS DIXITAIS DE NADAL

Este ano desde o centro convocamos o "I CONCURSO DE POSTAIS DIXITAIS" para elixir a postal de Nadal que se convertirá na felicitación oficial de Nadal do noso centro.

 

Animádevos a participar e crear a vosa postal de Nadal de xeito dixital antes do 2 de decembro. Cal será a elixida?

DÍA INTERNACIONAL DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

O pasado día 24 de Outubro festexamos no cole o Día Internacional das Bibliotecas Escolares facendo entrega aos nenos e nenas e Infantil, 1º e 2º Primaria do marcapáxinas gañador do último concurso da Muller Traballadora. 
Ademais, aproveitando que tamén se festexamos o Día do Cambio Climático, tivemos a visita da Bióloga Dª Elena Benito, que nos falou da importancia do coidado do solo para a vida do noso planeta.
No blogue da biblio tedes máis fotiños.
 
Unha aperta familias. 
 

SEMANA POLO CLIMA

A pasada semana conmemoramos no cole a "Semana polo clima", levando a cabo diferentes actividades para concienciarnos da importancia de coidar do medio ambiente para iniciar o noso proxecto de centro "MOSTEIRO EN VERDE". 

No enlace podedes observar algunhas imaxes e videos desta experiencia. 

https://ceipmosteirobembrive.blogspot.com/2019/10/semana-do-clima.html

Novas actividades de Relixión

Algunhas actividades realizadas polo alumnado de Relixión, final do segundo trimestre e comezo do terceiro. Premede na imaxe para coñecelas.

Distribuir contido

IES ADSCRITO

IES RICARDO MELLA

Inicio

INICIATIVAS

    

Polos Creativos | Consellería de Cultura, Educación y Universidad

SOMOS EDIXGAL

Plan Dixital - Foto

COLABORAMOS CON...


Voz Natura | CEIP Plurilingüe Ría do Burgo

Iniciar sesión

PUNTO LARANXA

Punto Laranxa contra o acoso escolar

DOCUMENTACIÓN DE CENTRO

PROXECTOS

EQUIPOS DOCENTES

BLOGUES

 
 

REDES SOCIAIS

  

AULA STEAM

VOZ NATURA

Voz Natura | CEIP Plurilingüe Ría do Burgo