Skip to Content

Fondo libros 2021/2022

Está aberto o prazo para participar no fondo solidario de libros de texto (3º E 4º de Primaria), solicitar as axudas para adquirir libros de texto (1º e 2º de Primaria) e material escolar (toda primaria). O prazo de presentación das mesmas remata o 22 de xuño.

Rogámoslles que sigan as instrucións recollidas a continuación:

     - Cubrir a solicitude que enlazamos directamente dende o ordenador ou con bolígrafo azul (Anexo I e II). Tamén pode recoller estes anexos no centro educativo de luns a venres de 9:30h a 13:30h.

     - O envío da solicitude deberá facerse pola seguinte orde de preferencia:

 1. Por vía electrónica no formulario normalizado (anexos I e II) dispoñible na aplicación informática Fondolibros (https://www.edu.xunta.es/fondolibros), a través da sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal. Para isto precisa dispor de certificado dixital. 

  2.  De xeito presencial no centro educativo de 9:00h a 14:00h.

Presentarase unha única solicitude para todos os fillos que estean matriculados no mesmo centro docente para o curso 2021/2022, e nela especificarase o nivel de estudos que espera realizar cada un deles no dito curso.

IMPORTANTE: Para ser beneficiarios desta axuda é preciso ter devolto os libros de texto e/ou material reutilizable adquirido coas axudas do curso 2020/2021. Procederase á súa recollida ata o 15 de xuño.

 

Tamén é importante cubrir e asinar todos os apartados de todas as follas.

Documentación que debe acompañar á solicitude (Anexos I e II):

Fotocopia do libro de familia no que figuren todos os membros computables da unidade familiar. Nos casos en que non teñan libro de familia ou este non reflicta a situación en 31 de decembro de 2019, poderán acreditar o número de membros utilizando, entre outros, algún dos seguintes medios:

Sentenza xudicial de separación ou divorcio, ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/a menor.

Certificado ou volante de convivencia.

En casos especiais nos que a composición da unidade familiar non se axuste ao sinalado no artigo 4.1 desta orde, achegarase certificado ou volante de convivencia  en que deberán figurar o/a alumno/a e todos os familiares que convivan con el/ela, ou un certificado dos servizos sociais do concello que acredite a situación familiar.

No caso de discapacidade dalgún dos membros da unidade familiar incluídos na solicitude, deberá presentarse documento xustificativo. 

No caso de violencia de xénero no ámbito familiar: documentación acreditativa.

 

RENDA FAMILIAR

A renda da unidade familiar será o resultado de sumar as rendas de cada un dos membros computables da familia que obteñan ingresos de calquera natureza, de conformidade coa normativa reguladora do imposto sobre a renda das persoas físicas. 

Cando se presentase declaración do imposto sobre a renda das persoas físicas no exercicio fiscal 2019, sumaranse a base impoñible xeral (recadro 435) e a base impoñible do aforro (recadro 460); cando non se presentase, teranse en conta os ingresos de acordo cos datos tributarios facilitados pola Axencia Estatal de Administración Tributaria.

 

MEMBROS DA UNIDADE FAMILIAR

Se ten dúbidas sobre este apartado pode consultar o artigo 4 da orde na seguinte ligazón: Orde 6 de maio 2021

 

Datas de publicación de listados:

RELACIÓN PROVISIONAL de solicitudes admitidas e excluídas: 1 de xullo no taboleiro do interior do colexio.

Reclamacións á resolución provisional nos 2 días seguintes á publicación da listaxe provisional.

RELACIÓN DEFINITIVA de solicitudes admitidas e excluídas: 7 de xullo no taboleiro do interior do colexio.

ENTREGA DE CHEQUES (libros: para 1º e 2º, material: todo primaria): Segunda semana de xullo.

Farase chegar ás familias por AbalarMóbil e publicarase na web do centro a data de entrega dos libros asignados a cada alumno (do fondo solidario).

O ALUMNADO QUE NON TEÑA DEREITO AOS LIBROS DO FONDO SOLIDARIO, DEBERÁ MERCAR OS LIBROS POLA SÚA CONTA.

AdxuntoTamaño
Circular axudas libros de texto 20-21.pdf176.67 KB


page | by Dr. Radut