Os pequechos e pequechas do cole tiveron unha merenda especial. A profe Ana sorprendeunos cunhas "porras". Unha receita de masa de fariña e auga, en forma cilíndrica con estrías, un pouquiño máis longa que os coñecidos "churros".
Polas imaxes cremos que deron boa conta delas...Que opinades vós?
Os nosos maiores (rapazada de 5º e 6º) seguen argallando manualidades e outras ideas para recompilar cartiños para a súa viaxe de fin de curso.
En homenaxe a Feira do Viño da zona (relacionándoo co noso Pdi "Coñecendo a nosa provincia: Lucus Augusti", e usando a impresora 3D (actividade de Polos Creativos) deseñaron e programaron a impresión de chaveiros de uvas, botellas e copas de viño.
Séguense cocendo na impresora 3D para podervos ofrecer unha cantidade deles para que ninguén quede sen un.
Este venres día 15 o alumnado de Infantil e 1º e 2º de Primaria, realizaron unha pequena saída/visita á feira de Pantón próxima ao Monte Baliño. Tan preto é que saimos camiñando nun día no que brilaba o sol, para disfrutar ademais dun agradable e saudable camiño disfrutando da contorna e da natureza.
Vimos postos de zapatos, roupa, queixos... A polbeira ensinounos e falounos un pouco de como cociñar o mellor polbo. Abraidos quedamos coa peza que nos ensinou! No posto das plantas, agasalláronnos cunhas prantiñas de fresas, que tan pronto chegamos ao Baliño, prantamos na nosa hortiña. Grazas polo agasallo!
Hoxe martes tivemos o segundo encontro do club de lecturaLerinlerán!
Desta volta e recollendo as suxerencias do alumnado escolleuse un libro de aventuras, que certamente lles encantou, “O misterio de Portomarín”, de Antía Yañez, unha novela de misterio que dende o minuto un foi moi doada de ler!
@s participantes nas conversas do club, elaboraron unha fresca e saudable limoada, acompañándoa dun doce típico da zona, tarta de Ancano, especialidade de Portomarín, sendo ambos os dous, alimentos dos que se fala no libro. Mesturaron dúas culturas: a literaria coa gastronómica. Que bo "tandem!
Enmarcamos esta actividade en varios proxectos do Baliño: Clube de lectura da Biblioteca, Nutriescolas, Pdi curso 23-24 "Coñecendo a provincia: lucus Augusti" e EcoSaúde.
Unha experiencia estupenda para o noso padal, a nosa saúde e a nosa mente!
Os pequenos e pequenas de Infantil, xunto coa súa mestra Ana converteron unhas cortizas nuns fermosos cabaliños e eguas con pelo de lá. Que creatividade!!!!
A maiores doutras actividades levadas a cabo no centro cos diversos grupos de alumnado, para a conmemoración do 8M, realizamos un obradoiro de percusión con tambores creados con elementos de refugallo polo propio alumnado.
Compartimos uns momentos moi especiais durante a creación e durante a participación nos obradoiros adaptados ás idades do noso alumnado. Grazas as Tamborilalás!!
Hoxe o alumnado de quinto e sexto preparaou un programa especial para conmemorar unha data tan especial e tan importante no noso calendario, ainda que todos os días son 8 de marzo, hoxe dun modo especial berramos ben alto polos dereitos das mulleres e das nenas!