Rúa Cardeal Páramo Somoza Nº12 Pantón 27430 (Lugo) ceip.monte.balinho@edu.xunta.gal Telf.:982828216/15
PLANTACIÓN E RECOLLIDA DE PRODUTOS DA HORTA
Na primeira semana de abril e de volta das vacacións de inicio primavera, volvemos con moitas ansias de traballar na nosa horta.
Plantamos leitugas (rizadas e folla de carballo, acelgas, berzas e kale "col rizada" (verdura galega).
Pero...moito ollo!!! Tamén arrincamos un porro, do que seguro da boa conta na cociña do Baliño o noso cociñeiro Óscar.
Ademais tamén lle botamos un chisco de terra de diatomeas ás nosas hortensias para evitar que os caracois lle coman as follas.
Tranquilos Todos e Todas... Trátase dun produto insecticida ecolóxico e natural elaborado a base de algas mariñas.