Nadal
Chega o Nadal!
Chegounos unha carta do Apalpador ao centro, así que nada mellor que montar un mural e expoñela para tod@s.
Concurso de felicitacións de Nadal
Despois de decorar os corredores do cole coas felicitacións de Nadal de todo o alumnado a felicitación gañadora foi a de Martín Quevedo de 3º B. Enviouse a toda a comunidade educativa por correo electrónico e enviámola a tódolos centros educativos da comarca de Lemos, aos centros da terceira idade de Monforte e ás asociacións de persoas con discapacidade.
Moitas grazas e noraboa Martín!